Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo participa no curso de verán da UPV/EHU “We mean: Nós e o cinema documental contemporáneo”

28/05/2018

Margarita Ledo, profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, participa no curso de verán da UPV/EHUWe mean: Nós e o cinema contemporáneo” este próximo 6 de xuño cunha ponencia co nome “O corpo e a cámara”. Este curso, que forma parte do proxecto Territorio y Fronteras, busca un espazo para a reflexión, o debate e o visionado de filmes recentes fomentando a relación, discusión e intercambio entre academia, cineastas e público, ademais de crear un contorno favorable para o intercambio de experiencias e coñecementos.

O curso “We mean: Nós e o cinema contemporáneo” propónse seguir profundizando nas mesmas preguntas que se formularon desde o comezo do proxecto: que supón facer cinema contemporáneo? Quen fai ese cinema hoxe? Como facer un cinema persoal? E nós… que temos que dicir en todo isto?

A matrícula está aberta ata o día 6 de xuño a través da web da UPV

MÁIS NOVAS
A RAG participa no acordo que impulsará unha rede europea de academias de linguas minorizadas
21/01/2019

A Real Academia Galega, o Institut d’Estudis Catalans, a Real Academia da Lingua Vasca – Euskaltzaindia, a Fryske Akademy, Lo Congrès Permanent de la Lenga Occitana e EURAC – Institute for Applied Linguistics impulsarán unha rede de entidades homólogas, institutos lingüísticos e centros de investigación de linguas minorizadas ou minoritarias no ámbito europeo co propósito […]

Seguir lendo
O GEA participa no seminario ‘Medios responsables e cidadáns críticos’
Preséntanse os resultados do proxecto de investigación MediaACES
21/11/2018

O xoves 29 de novembro de 2018 a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá o seminario  Medios responsables  e cidadáns críticos. Eficacia e aceptación da rendición de contas en Galicia, no que se presentarán os resultados do proxecto de  I+D+i ‘Accountability y Culturas Periodísticas en España. Impacto y propuesta de buenas prácticas en los […]

Seguir lendo
Marta Pérez Pereiro participa nas Escaramuzas Artísticas da AAAG
A última sesión de 2018 centrarase no audiovisual como ferramenta de creación de discursos e de transmisión de ideoloxías
20/11/2018

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebra o vindeiro mércores 28 de setembro ás 20.00 horas a última sesión de 2018 das súas Escaramuzas artísticas, unha serie de encontros de debate de periodicidade mensual en que reputadas voces especializadas nos sectores do audiovisual e da escena intercambiarán os seus puntos de vista ao […]

Seguir lendo
© 2019 Estudos Audiovisuais