EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Son múltiples os compromisos promulgados pola Unión Europea e os seus estados membros arredor á decidida e inexcusable preservación e fomento da diversidade cultural e lingüística de Europa e á posta en valor do Cinema como obxecto de confluencia entre a innovación tecnolóxica, a cultura e a economía.
Neste sentido, a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (CELRM), promulgada o 25 de xuño de 1992 con rango de Convención polo Consello de Europa – e sancionada o 5 de novembro do mesmo ano por once estados membros, entre eles o español –, compromete explicitamente aos seus firmantes (art. 12b) «…a favorecer os diferentes medios de acceso noutras linguas ás obras producidas nas linguas rexionais ou minoritarias, axudando e desenvolvendo as actividades de tradución, de dobraxe, de post-sincronización e de subtitulado».
Así, de entre as accións de preservación do Patrimonio Cultural Inmaterial Europeo (PCIE) emerxen como prioritarias aquelas encamiñadas ao fomento do subtitulado de contidos audiovisuais. Porén, o palmario compromiso formal que emana das Convencións – a escala europea, estatal e autonómica – tradúcese na implementación de paquetes de medidas de carácter aleatorio, fragmentario e continxente que, en xeral, abocan a unha sistémica ausencia de resultados.
O proxecto EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas proponse, pois, desvelar decidida e rigurosamente, as contornas internas e externas da situación – retrospectiva, coetánea e prospectiva – do subitulado no espazo europeo, a fin de plantexar un programa proactivo de medidas a considerar nunha política harmónica de subtitulado con destino á produción cinematográfica e audiovisual en linguas europeas non hexemónicas.
Conscientes da inveterada renuencia institucional e profesional con respecto ao coñecemento xerado no ámbito académico en materia de subtitulado – en favor de indicadores económicos simplificadores da complexidade das denominadas “industrias creativas” –, ambicionamos catalizar un cambio de pensamento propiciando espazos de encontro e reflexión entre os principais axentes implicados: académicos, responsables institucionais e profesionais. Un cambio de perspectiva propiciatorio tanto do acceso e circulación transfronteirizas obras realizadas en linguas non hexemónicas como da valoración mesma do PCIE.
A este fin, xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Como boa mostra da expectación xerada a nivel sectorial e institucional da aplicabilidade inmediata dos seus resultados, o proxecto presenta unha considerable nómina de entidades, organizacións e asociacións de carácter nacional e internacional e de corte académico, institucional e profesional, que se adscriben a este proxecto.
O Grupo de Estudos Audiovisuais vén de publicar De illas e sereas (Editorial Galaxia, 2020), terceira entrega da serie Para unha historia do cinema en lingua galega na que desta volta as autoras e autores analizan os filmes galegos que chegaron ás pantallas no último ano ou aqueles que están aínda en construción, canda a pezas […]
Trinta anos despois da estrea en Vigo de Continental, Urxa e Sempre Xonxa, as primeiras longametraxes en 35mm exhibidas en galego, o equipo da revista online de crítica cinematográfica A Cuarta Parede reuniu a unha vintena de creadoras e creadores que naceron despois de 1989 para reinterpretaren os filmes desde a distintas aproximacións artísticas. Dous investigadores […]
A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acolle o xoves 12 e venres 13 de decembro o simposio internacional ‘As linguas e o cinema II. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’. Un encontro aberto á comunidade universitaria e a profesionais do sector no que investigadoras e […]
Esta semana chega ás salas de cinema Longa noite, o novo filme de Eloy Enciso, un retrato da sociedade galega da posguerra construído a partir de textos de Max Aub, Luís Seoane ou Alfonso Sastre. Para celebralo, a sala NUMAX organiza, do 5 ao 12 de decembro, unha serie de coloquios e presentacións nas que […]
Do 2 ao 5 de outubro as Universidades de Grenoble-Alpes e Lyon acollen o coloquio internacional “Cando as mulleres filman: o documental na península ibérica e no continente latinoamericano”. Este encontro interuniversitario ten como obxecto o estudo da produción documental realizada por mulleres dos países da península ibérica ou do continente latinoamericano. A súa finalidade […]
A décima conferencia anual Small Cinemas transcorrerá na ICS-ULisboa do 25 ao 27 de setembro de 2019. O equipo de investigación do proxecto “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (ref.CSO2016-76014-R) presentará o panel “Aprofundar no pequeno: cinema e línguas não hegemônicas na Catalunya, em Euskadi e na […]
O Grupo de Estudos Audiovisuais participa hoxe na XVII International Conference on Minority Language, organizada polo Mercator European Research Centre on Multilingualism and Language Learning (Fryske Akademy). A ICML XVII terá lugar do 22 ao 24 de maio en Ljouwert/ Leeuwarden, Países Baixos. A edición deste ano abordará os desafíos e oportunidades das linguas minoritarias […]
A Real Academia Galega, o Institut d’Estudis Catalans, a Real Academia da Lingua Vasca – Euskaltzaindia, a Fryske Akademy, Lo Congrès Permanent de la Lenga Occitana e EURAC – Institute for Applied Linguistics impulsarán unha rede de entidades homólogas, institutos lingüísticos e centros de investigación de linguas minorizadas ou minoritarias no ámbito europeo co propósito […]
A poucos días para o arranque do XIII Congreso Internacional da Federação de Associações científicas de Ciências da Comunicação (LUSOCOM) en Maputo (Mozambique), o equipo organizador vén de habilitar o programa do evento para a súa consulta online. Para alén da visión xeral dos tres días de traballo, o programa permite visualizar en detalle a […]
O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]
Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]
O equipo investigador do proxecto de I+D+i “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (AEI, ref. CSO2016-76014-R) participa cun panel no Congreso “Cinema e Crise no Mediterráneo” que se celebra na Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació da Universitat de València, do 22 ao 26 de outubro de 2018. O […]
O martes 12 de xuño ás 20. 00 horas, a libraría NUMAX acolle a presentación do libro Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega, editado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e a Editorial Galaxia baixo a coordinación de Margarita Ledo Andión. Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua […]