Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Fóra de Lugar: Corpos (in)tanxibles nas culturas minorizadas da península Ibérica. Literatura, Cine e Arte

Aberta a inscrición para o congreso até o 15 de xuño

08/04/2019

Ábrese o prazo de presentación de comunicacións para o congreso “Fóra de Lugar: Corpos (in)tanxibles nas culturas minorizadas da península Ibérica. Literatura, Cine e Arte”, que terá lugar en Varsovia os próximos 14 e 15 de novembro de 2019. A actividade estará organizada en colaboración por diferentes entidades: o Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade de Varsovia, o Grupo de Investigación (OUTRA)IBERIA, o Centro de Estudos Galegos de Varsovia, o Instituto Vasco Etxepare, o Instituto Ramon Llull, o Instituto Camões, a Asociación Internacional de Estudos Galegos e o Instituto Cervantes de Varsovia.

O congreso pretende investigar, desde o enfoque corporal, como se conceptualiza a alteridade desde a literatura, a arte e o cinema catalá, galega, vasca e mirandesa:

Interesaranos como se constrúe o Outro desde a perspectiva das culturas minorizadas e como en referencia a este Outro se crean as identidades propias; e, por outra parte, como as culturas dominantes (a española e a portuguesa, respectivamente) inscriben a outridade nas culturas minorizadas, tamén queremos examinar que valores se atribúen ao Outro e como se manifestan a través do corpo desde ambas as perspectivas. Propoñemos así mesmo estudar que áreas de alteridade se enmarcan dentro das identidades catalá, galega, vasca e mirandesa, como tamén as súas posibles variantes e o seu carácter pluridimensional.

As comunicacións, cunha duración de 20 minutos, poderán realizarse en galego, euskera, catalán, castelán, portugués, mirandés e inglés. As propostas deben enviarse a través da páxina web do congreso na lapela “formulario de inscrición” antes do 15 de xuño de 2019. A cota de inscrición é de 60 EUROS / 250 PLN, a ingresar antes do 31 de agosto de 2019. Os artigos derivados do congreso, tras previa aceptación por parte das editoras, publicaranse na revista indexada Iberian Studies da Universidade Iaguelónica. A data límite de recepción de propostas será o 31 de decembro de 2019.

+info. na páxina web do congreso.

MÁIS NOVAS
VI Xornada Universitaria Galega en Xénero
Convocatoria aberta até o 25 de abril
17/04/2019

O vindeiro 25 de abril remata o prazo de presentación de comunicacións á VI Xornada Universitaria Galega en Xénero, organizada polas unidades de igualdade de xénero das tres universidades galegas, que terá lugar o 14 de xuño na Coruña. Baixo o lema (RE)CONSTRUÍNDO O COÑECEMENTO, a sexta edición centrarase na necesidade das investigacións feministas e de […]

Seguir lendo
‘Cando as mulleres filman: o documental na península ibérica e no continente latinoamericano’
Aberta a convocatoria para o coloquio internacional que terá lugar do 2 ao 5 de outubro
10/04/2019

O coloquio internacional terá lugar na Universidade de Grenoble-Alpes (2-3 de outubro) e na Universidade de Lyon 2 (4-5 de outubro). ‘Cando as mulleres filman: o documental na península ibérica e no continente latinoamericano‘ contará ademais coa participación da catedrática de Ciencias da Comunicación e Publicidade, Margarita Ledo Andión, quen intervirá como relatora. Este coloquio […]

Seguir lendo
Espazo limitado ou ilimitado? Os medios de comunicación en linguas minorizadas no contexto dixital
Até o 30 de abril estará aberto o prazo para presentar comunicacións
09/04/2019

O seminario internacional “Espazo limitado ou ilimitado? Os medios de comunicación en linguas minorizadas no contexto dixital” celebrarase en Edimburgo durante os días 16 e 17 de octubro. Organizado polo Instituto Vasco Etxepare e a Universidade de Edinburgo no contexto do programa cultural Scotland Goes Basque, o obxectivo desta iniciativa é compartir coñecementos e fomentar […]

Seguir lendo
© 2019 Estudos Audiovisuais