Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Xornadas eDCINEMA: As cinematografías minoritarias no Espazo Dixital Europeo

20/02/2013

O venres 22 de febreiro a Facultade de CC. de Comunicación da USC acolle a primeira sesión de traballo do proyecto “eDCINEMA: Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión original”. Esta pesquisa, desenvolvida polo Grupo de Estudos Audiovisuais baixo a dirección de Margarita Ledo Andión, ten por obxecto a detección das barreiras que impiden a consolidación do cinema en versión orixinal como axente mediador nas políticas de diversidade amais da identificación das chaves para a mellora da visibilidade e a accesibilidade destas cinematografías no espazo dixital comunitario.
Con financiación do Programa Nacional de Proxectos de Investigación Fundamental 2012 do Ministerio de Economía e Competitividade, o proxecto presenta un equipo de investigación composto por membros de diferentes universidades do estado (Madrid, Málaga, Murcia, Salamanca, Sevilla, País Vasco e Vigo) e conta coa colaboración de reputados estudosos internacionais como Jacques Guyot (Universidade Paris 8), Thomas Elsaesser (Universidade de Amsterdam) Hannu Vanhanen (Universidade de Lapland) e Steve Blandford (Universidade de Glamorgan)
Na primeira das Xornadas eDCINEMA os investigadores avanzarán no desenvolvemento do estado da cuestión e no deseño do panel de expertos que centrará as discusións sobre o obxecto de estudo.
Canda os membros do Grupo de Estudos Audiovisuais nesta ocasión o encontro contará coa participación de Demetrio Brisset (Universidade de Málaga), Begoña Gutiérrez (Universidade de Salamanca) Francisco Sierra (Universidade de Sevilla) Francisco Azpillaga (Universidade do País Vasco) e Mónica Valderrama (Universidade de Vigo).

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais