Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Recente publicación dun rigoroso estudo sobre Francisco Regueiro, coordinado dende o Proxecto de Investigación sobre o cinema español posbélico

16/07/2014

A editorial Shangrila publicou recentemente o volume Me enveneno de cine. Amor y destrucción en la obra de Francisco Regueiro, coordinado polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela José Luis Castro de Paz e Xosé Nogueira, e realizado no eido do Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España).
O libro constitúe unha sólida análise formal da obra artística de Francisco Regueiro, un dos máis senlleiros creadores españois da segunda metade do século XX, claro expoñente do intransferible surrealismo ibérico.
Xunto á participación de varios membros do Proxecto de Investigación (José Luis Castro de Paz, Fernando Redondo Neira, Santos Zunzunegui, Héctor Paz Otero, Imanol Zumalde), colabora no volume un nutrido grupo de prestixiosos investigadores (Xosé Nogueira, Julio Pérez Perucha, Asier Aranzubia, José Manuel Sande, Pedro Poyato, Jaime J. Pena, José Luis Téllez, Manuel Palacio, Concepción Cascajosa, Ana Melendo, Juan A. Hernández Les, José Vicente García Santamarina) con textos centrados no estudo das manifestacións fílmicas do cineasta (dende as reveladoras pezas realizadas na súa xuventude no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas / Escola Oficial de Cinematografía, ata todas e cada unha das longametraxes que compoñen a súa filmografía), así como nos seus traballos televisivos e a súa obra pictórica.

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais