Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Publicado o primeiro número da colección “Cuadernos de Cine y Cultura Posbélica Española”

01/05/2014

Recentemente foi publicado o libro El malvado Carabel: literatura y cine popular antes y después de la Guerra Civil de José Luis Castro de Paz e Héctor Paz Otero, co que, a partir dun estudo da novela de Wenceslao Fernández Flórez “El malvado Carabel”, os autores efectúan un rigoroso análise das senlleiras adaptacións fílmicas acometidas por Edgar Neville en 1935 e Fernando Fernán-Gómez en 1955, considerándoas como singular ponte entre o mellor cine popular republicano e a crispada resposta ante o horror franquista do cinema máis rebelde dos anos cincuenta.
O volume, publicado por Vía Láctea Editorial, constitúe ademais o comezo da colección Cuadernos de Cine y Cultura Posbélica Española, creada no Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España) co obxecto de dar difusión a gran parte dos estudos abordados no eido do Proxecto.
Ao longo do ano e medio que resta de investigación informaremos acerca da publicación dos sucesivos cadernos da colección.

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais