Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Publicado o libro “Una calculada resistencia: Cine y literatura popular después de la Guerra Civil (1939-1962)”, vinculado ao I+D+i sobre o cinema español posbélico

12/09/2015

A Sociedad Latina de Comunicación Social (La Laguna, Tenerife) acaba de publicar o número 88 da colección Cuadernos Artesanos de Comunicación, co título Una calculada resistencia: Cine y literatura popular después de la Guerra Civil (1939-1962). Trátase dunha obra realizada polo I+D+i Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648. Mineco – Goberno de España), e que xorde da Mesa Temática Literatura y cine popular después de la Guerra Civil española (1939-1962), organizada en decembro do pasado ano polo propio Proxecto de Investigación dentro do VI Congreso Latina de Comunicación Social.
Coordinado por Carmen Arocena, José Luis Castro de Paz e Fernando Gómez Beceiro, e con prólogo de Santos Zunzunegui, Una calculada resistencia: Cine y literatura popular después de la Guerra Civil (1939-1962) inclúe tanto os traballos derivados da devandita Mesa Temática como novas achegas de investigadores afíns ao equipo de traballo. A obra vén engrosar así a investigación abordada desde o Proxecto sobre os modelos de estilización do cinema español posbélico, afondando especialmente nesta ocasión no peso de certas correntes de literatura popular (Wenceslao Fernández Flórez, Hermanos Quintero, Carlos Arniches, Santiago Rusiñol, etc.) na configuración desas formas expresivas propias do cinema realizado no escuro período histórico que sucede á Guerra Civil española, mantendo sólidos fíos coas tradicións culturais populares (novela semanal, sainete, género chico, zarzuela, carnaval, certa pintura…) que xa nutriran ao cine nacional-republicano.
Xunto ao tradicional formato en papel, o libro está dispoñible integramente en versión dixital na páxina de Cuadernos Artesanos de Comunicación.
Exponse a continuación a relación dos capítulos que integran o volume:

1. Las gafas del diablo: concepciones, adaptaciones e irradiaciones del humor de Wenceslao Fernández Flórez
Héctor Paz Otero y Fernando Gómez Beceiro

2. El Yo que enuncia: Autoconsciencia y reflexividad en el cine español de postguerra
Francisco Javier Gómez Tarín y Agustín Rubio Alcover

3. De imágenes primordiales. Fundamentos literario-plásticos del Modelo de estilización formalista-pictórico
Javier Moral

4. Notas sobre el costumbrismo y el cine español
Carmen Arocena Badillos y Nekane E. Zubiaur Gorozika

5. De antropófagos, verdugos, suicidas, cadáveres y demás ralea. Algo sobre el humor negro y el cine español (1930-1963)
Alejandro Montiel Mues

6. L’auca del senyor Esteve en el cine de la posguerra: de Rusiñol a Neville o el sainete catalanista
José Luis Castro de Paz

7. La figura del autor literario en los discursos sobre el cine Nacional del primer franquismo: Wenceslao Fernández Flórez
Sonia García López

8. Acercamiento a Unos pasos de mujer: novela y cine
José María Folgar de la Calle

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais