Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Publicado o libro “Poética da derrota: a literatura de Wenceslao Fernández Flórez no cine”, de Héctor Paz Otero

14/12/2015

A Editorial Vía Láctea e a Fundación Wenceslao Fernández Flórez, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, acaban de editar o libro de Héctor Paz Otero Poética da derrota: a literatura de Wenceslao Fernádez Flórez no cine.
Trátase dun rigoroso estudo centrado en catro translacións á pantalla de obras de Wenceslao Fernández Flórez que conxuga análise literaria e análise fílmica para detectar os vínculos semánticos e formais entre a literatura do escritor coruñés e o cinema español dos anos corenta. Deste xeito, tras numerosos artigos e participacións en congresos sobre a materia, o especialista e membro do Plan de Traballo do I+D+i Cara a unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España) Héctor Paz Otero, aborda nesta ocasión as películas Huella de luz (Rafael Gil, 1943), La casa de la lluvia (Antonio Román, 1943), Ha entrado un ladrón (Ricardo Gascón, 1949) e El destino se disculpa (José Luis Sáenz de Heredia, 1945), e os seus correspondentes literarios, estando baseadas as tres primeiras películas en novelas homónimas publicadas nos anos vinte e consistindo a cuarta na transposición do relato “El fantasma”. Mediante unha análise comparada das fontes estudadas, o investigador incide no que denomina a conciencia do derrotado para describir aos suxeitos desexantes que protagonizan todos os relatos –fílmicos e literarios–, demostrando, unha vez máis, esa capacidade metafórica e profética da obra fernándezflorezca que en certo xeito presaxiara o trauma colectivo da sociedade posbélica acadando a súa actualidade fílmica a través dalgunhas das adaptacións acometidas nos anos corenta.
Tras a publicación de El malvado Carabel: literatura y cine popular antes y después de la Guerra Civil, Muerte de un ciclista (Juan Antonio Bardem, 1955): una firme mirada opositora e Sonrisas y lágrimas de España: esperpento, humor negro y costumbrismo en el cine español, o presente volume é o cuarto número da colección Cadernos de Cine e Cultura Posbélica Española, e constitúe outro documento imprescindible para comprender a transcendental influencia da obra de Fernández Flórez no devir estético do cinema español.

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais