Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Publicadas as actas do Simposium sobre a impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español

28/07/2014

Acaban de ser publicadas as actas do Simposium Internacional Costumismo, humor, melancolía, reflexividade: Impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español, celebrado a finais do pasado mes de marzo en Santiago de Compostela e A Coruña e organizado no eido do Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España) polo Grupo Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Deputación e o Concello da Coruña e o Centro Galego de Artes da Imaxe – Filmoteca de Galicia, contando ademais co apoio da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, a Asociación Española de Historiadores do Cinema, a Asociación da Prensa da Coruña e Galicia Calidade.
Deseñado como eixo fundamental do Proxecto, o Simposium reuniu ós máis prestixiosos especialistas na obra literaria de Fernández Flórez así como a destacados historiadores do cinema (moitos deles membros do Proxecto, pero contando así mesmo con relevantes investigadores externos procedentes de moi diversas institucións) que afondaron na decisiva influencia da obra do escritor galego na conformación de certos modelos de estilización no cinema español posbélico.
Tódolos relatorios foron agora recollidos neste volume de case trescentas páxinas, publicado pola editorial Shangrila co título Tragedias de la vida vulgar: Adaptaciones e irradiaciones de Wenceslao Fernández Flórez en el cine español. O libro constitúe polo tanto un rigoroso estudo das relacións entre Fernández Flórez e o cinema español, con traballos enfocados dende perspectivas literarias (sobre a personalidade e a obra do autor) e cinematográficas, con aproximacións ó cinema español da época e á influencia directa do escritor a través das adaptacións fílmicas das súas obras e mesmo de películas alleas a súa pluma pero que beben igualmente da súa transcendental impronta.

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais