Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Ver y querer ver. Foto de guerra contra periodismo

Que mortos merecen ser chorados e cales, simplemente, catalogados? Como reactualizar o papel sustantivo que tivo a imaxe de conflitos violentos? Unha carta de MacCullin publicada en The Times o 17 de xullo de 1982 trata sobre a prohibición de fotografiar Malvinas: “viron na miña experiencia en materia de reportaxe de guerra –refírese ás institucións– unha ameaza para as imaxes que desexaban comunicar”. Unha toma de posición que sinala razóns políticas e ideolóxicas e que convida a explorar o modo e maneira de liberar o fotoxornalismo dun sistema que o conduce á súa desaparición. “Here is NY: A Democracy of Photographs” foi unha desas experiencias na que cada persoa podía ver nos muros do Soho, en resposta á imaxe oficial do 11S, a foto que tomara dese instante de morte e que Ritchin, antigo editor de The NY Times, considera unha práctica precursora da web 2.0. mentres nos recorda que as armas de destrucción masiva non existen pero se fixo unha guerra para destruílas. Ir ás causas fronte ao hábito de quedar nos síntomas; devolverlle o seu nome a determinados feitos; sabérmonos con dereito a tomar posición, persoal e política, en torno ao que se mostra, arredor do que se nos oculta. Pensar novos útiles coa lucidez activa de Butler, Didi-Huberman, Harum Farocki…

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2014Titulo: Ver y querer ver. Foto de guerra contra periodismo Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Chasqui. Revista Latinoamericana de ComunicaciónNúmero: 127Páxina inicial: 76Páxina final: 85ISSN: 1390-1079
Descarga a publicación
© 2024 Estudos Audiovisuais