Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Sen ir máis lonxe

¿E ti dirás? ¿A que vén todo isto? ¿E ten que vir a algo? Pois ben, a nada. A ter con quen falar. A ter a quen lle dicir certas cousas que pensamos moitos e case todo o mundo cala. (Roberto Vidal Bolaño. Sen ir máis lonxe)

E foi así que, Sen ir máis lonxe, Roberto ficou en estado permanente de estar a nos dicir certas cousas —o eu sempre no nós, o autor que enuncia e denuncia en sendo partícipe dese mundo que se foi afacendo a calar—, a dicir cousas certas que hoxe agroman nun sen fin de representacións, edicións comentadas, un novo debate sobre o estado xeral das artes escénicas, actos de memoria e mesmo rituais que, en tempo presente, interpelan sobre o sentido político do teatro.

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2015Titulo: Sen ir máis lonxe Categoría: Artigo de divulgación Título revista/libro: Boletín da Real Academia GalegaNúmero: 374Páxina inicial: 169Páxina final: 174Cidade: A CoruñaPaís: EspañaEditorial: Real Academia GalegaISSN: 1576-8767URL: https://academia.gal/publicacions-boletins
Descarga o artigo
© 2018 Estudos Audiovisuais