Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Renaiming Itself. Nuevas definiciones en el cine contemporáneo

A idea de renombrar o cinema desde determinadas prácticas, toma de posición e aspectos pouco regrados, cando non invisibilizados, foi tomando corpo na conxunción do uso das tecnoloxías como un recurso para as políticas da diversidade e dun crecente compromiso crítico, tamén desde a Academia, por incorporar novas notacións: cinema de pequenas nacións – con ou sen Estado–, independente, colaborativo, identitario… que son, talvez, o contrasinal desoutro discurso chamado a definir o papel da produción cultural como constitutiva do dereito a que “o pequeno” non desapareza no labirinto dos estereotipos, a espectacularización e, sobre todo, a razón de mercado. Un cambio de actitude, que se alonga desde a VO en linguas non hexemónicas ata o uso da rede como espazo de intercambio e de diseminación, impregna o encontro e os debates de persoas que, desde ámbitos tan diferentes como o institucional, o educativo ou o creativo, estamos a labrar un territorio chamado “cinema”, non só como conxunto de filmes, senón como mediación e como representación política e estética. A resposta de autoras e autores que interveñen con e a través do cinema, da incorporación de variables dilemáticas á análise convencional, de universos experienciales como material de investigación son parte da diferenza que este monográfico expón.

Autor/a: Begoña Gutiérrez Ano: 2015Titulo: Renaiming Itself. Nuevas definiciones en el cine contemporáneo Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Fonseca Journal of CommunicationNúmero: 11Páxina inicial: 5Páxina final: 8Cidade: SalamancaPaís: EspañaEditorial: Universidad de SalamancaISSN: 2172-9077URL: http://revistas.usal.es/index.php/2172-9077/article/view/13432
Descarga o artigo
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
eDCINEMA: Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en v.o.
Entidade financiadora: Ministerio de Economía e CompetitividadeData de inicio: 31/12/2013Data de fin: 31/12/2015I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Marta Pérez Pereiro Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Demetrio Brisset, Francisco Apillaga, José Gabriel Ferreras, Begoña Gutiérrez, Miren Manias, Mª Ángeles Martínez, Francisco Reyes, Francisco Sierra, Javier Sierra, Xosé Soengas, Mónica Valderrama Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidad Complutense de Madrid, Universidad de Málaga, Universidad de Murcia, Universidad de Salamanca, Universidad de Sevilla, Universidad del País Vasco, Universidade de Vigo
© 2018 Estudos Audiovisuais