Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Identidades al margen y en los márgenes

Frontera y laberinto en Arraianos (Eloy Enciso, 2012)

O filme que aquí estudamos, Arraianos ( Eloi Enciso, 2012), discorre ao redor dun cruzamento de camiños no que conflúen o ficcional e o documental, alí onde se confontan unha marcada representación antinaturalista dun espazo, e do grupo humano que o habita, e unha vontade de indagación visual do devandito espazo, no cal permanecen as pegadas dun pasado mítico que o foi conformando. Construído sobre o matérico do espazo físico que explora e interroga, Arraianos desprega un discurso que, apoiado tamén sobre o telúrico e o popular, esfórzase por dar conta do carácter fronteirizo daquel lugar, A Raia, entre Galicia e Portugal, territorio límite que soubo conformarse unha identidade propia. A análise que fagamos de Arraianos deberá orientarse, así, con axuda das marcas que informan da súa natureza híbrida. A análise fílmico que nos propoñemos levar a cabo deberá, en consecuencia, atender a ese outro espazo cara ao que se abre a película, o dunha certa transcendencia que non foxe dos grandes interrogantes, á vez que fará necesario atender a un filme que se sitúa sobre o territorio que explora, apoiándose tanto no telúrico como no popular.

Autor/a: Fernando Redondo Neira Ano: 2015Titulo: Identidades al margen y en los márgenes Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Fonseca Journal of CommunicationNúmero: 11Páxina inicial: 159Páxina final: 174Cidade: SalamancaPaís: EspañaEditorial: Universidad de SalamancaISSN: 2172-9077URL: http://revistas.usal.es/index.php/2172-9077/article/view/13439
Descarga o artigo
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
eDCINEMA: Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en v.o.
Entidade financiadora: Ministerio de Economía e CompetitividadeData de inicio: 31/12/2013Data de fin: 31/12/2015I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Marta Pérez Pereiro Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Demetrio Brisset, Francisco Apillaga, José Gabriel Ferreras, Begoña Gutiérrez, Miren Manias, Mª Ángeles Martínez, Francisco Reyes, Francisco Sierra, Javier Sierra, Xosé Soengas, Mónica Valderrama Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidad Complutense de Madrid, Universidad de Málaga, Universidad de Murcia, Universidad de Salamanca, Universidad de Sevilla, Universidad del País Vasco, Universidade de Vigo
© 2018 Estudos Audiovisuais