Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Creative Destruction as Economic Pattern of Europe’s Small-Scale Audiovisual Media Markets and Minority -Language Film Industries

A crise xeneralizada do modelo económico contemporáneo veu a agravar outra crise latente no ámbito mediático desde hai décadas: unha crise estrutural que demanda modelos verdadeiramente interactivos, capaces de usufructuar o enorme potencial (informativo, formativo, persuasivo e de entretemento) das redes dixitais de comunicación, implementando nos seus formatos novos valores e expectativas que reflictan a inabarcable e intrincada diversidade do prisma sociocultural contemporáneo. En tal contexto, o modelo das pequenas cinematografías e a súa incorporación ao espazo dixital comunitario, comparecen como paradigma do fenómeno de “destrución creativa”, tal e como foi preconizado por Sombart e popularizado por Schumpeter hai máis de sete décadas. Consecuentemente, as pequenas cinematografías supoñen unha alternativa de desenvolvemento sustentable (desde logo sociocultural, pero non menos económico) ás tambaleantes estruturas mediáticas actuais.

É nesta perspectiva na que o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da Universidade de Santiago de Compostela vén tecendo o seu quefacer investigador, mediante a detección daquelas barreiras (económicas, socioculturais, temáticas, de distribución…) a superar polas pequenas cinematografías en versión orixinal, testadas en ámbitos xeopolíticos tan diversos como o lusófono, o latinoamericano ou o europeo. Precisamente o caso europeo no que actualmente nos centramos inclúe, dentro do Programa Europa Creativa 2014-2020, o recoñecemento explícito da contribución dos cinemas nacionais á diversidade cultural e lingüística como “imaxe de marca” da Europa actual, promovendo espazos de intercambio que superen a súa endémica problemática de fragmentación e invisibilización.

O noso marco teórico de referencia responde á complexidade temática dunha materialización simbólica da cultura contemporánea como é o cinema, aínda que sen esquecer os seus aspectos económicos e de implementación das políticas públicas contemporáneas: unhas políticas de diversidade que, a nivel teórico, responden a unha concepción postcolonial que restitúe o papel de “suxeitos” de investigación a tópicos outrora considerados subalternos ou residuais, e que, ao mesmo tempo, recupera o valor das ‘pequenas cinematografías’ ou ‘ minor cinemas’, vinculadas a certos espazos xeopolíticos e lingüísticos singulares (das smallnations ás statelessnations).

Así, a partir do trinomio de Morley (2007) ‘Media, Identity & Technology’, a nosa proposta metodolóxica conxuga aspectos empíricos dos estudos de recepción coa sondaxe de valores axiológicos compartidos, á vez que analiza, segundo os postulados de Schlesinger (2011) o rol dos intelectuais e expertos na construción e visibilización do intercambio intercultural, que esperamos confirmar a través da nosa análise. En canto ao instrumental metodolóxico implementado, cabe resaltar que os estudos de GEA contemplan unha xestión sinérxica de múltiples tipos de mostraxe e xestión de datos, provenientes de enquisas online multiplataforma, visionados de mostras, foros de discusión, etc., combinando un sistema xestor de contidos web de tipo CMS co software de análise predictivo PASW Statistics 19.

Autor/a: Margarita Ledo Andión Antía López Gómez Enrique Castelló Mayo Ano: 2014Titulo: Creative Destruction as Economic Pattern of Europe’s Small-Scale Audiovisual Media Markets and Minority -Language Film Industries Categoría: Artigo científico Título revista/libro: China-USA Business ReviewVolume: 13Número: 1Páxina inicial: 12Páxina final: 19Cidade: Nova IorquePaís: EUAEditorial: David Publishing CompanyISBN: 978-972-96037-7-8ISSN: 1537-1514URL: http://www.davidpublisher.com/index.php/Home/Article/index?id=473.html
Descarga a publicación
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
eDCINEMA: Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en v.o.
Entidade financiadora: Ministerio de Economía e CompetitividadeData de inicio: 31/12/2013Data de fin: 31/12/2015I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Marta Pérez Pereiro Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Demetrio Brisset, Francisco Apillaga, José Gabriel Ferreras, Begoña Gutiérrez, Miren Manias, Mª Ángeles Martínez, Francisco Reyes, Francisco Sierra, Javier Sierra, Xosé Soengas, Mónica Valderrama Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidad Complutense de Madrid, Universidad de Málaga, Universidad de Murcia, Universidad de Salamanca, Universidad de Sevilla, Universidad del País Vasco, Universidade de Vigo
© 2024 Estudos Audiovisuais