Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Cine Documental. Cibercultura, tecnologías de proximidad.

Automatismo cyborg e hibridación cultural están na base dunha terminoloxía expansiva que nos indica, en presente, a implicación da tecnoloxía na experiencia persoal e política. O cinema documental, un deses obxectos nos que a marca do dispositivo tecnolóxico é parte, ao mesmo tempo, da relación co real e da formalización dese real, entrou de cheo no ‘eu filmo’ como compromiso. E se máis aló de cuestións ‘ performativas’ -como a rapidez de acceso a materiais gravados ou almacenados; a multiplicación de combinatorias no editing; a posta en relación do cru e o cocido, do vestixio e o virtual; a pantalla como pasaxe…- buscamos unha variante contemporánea sintomática dun modo de pensar o uso da tecnoloxía como constitutiva dunha obra, o ensaio documental feminista é un bo banco de probas.

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2015Titulo: Cine Documental. Cibercultura, tecnologías de proximidad. Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Telos. Cuadernos de Comunicación e InnovaciónNúmero: 100Páxina inicial: 81Páxina final: 83Cidade: MadridPaís: EspañaEditorial: Fundación TelefónicaISSN: 0213-084XURL: https://telos.fundaciontelefonica.com/seccion=1288&idioma=es_ES&id=2015031713410002&activo=6.do
Descarga o artigo
© 2018 Estudos Audiovisuais