Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Audiencias crossmedia: nuevas métricas y perfiles profesionales en los medios españoles

A relación do sector infomediario e a medición de audiencias é estreita: seis das dez entidades máis mencionadas polas empresas españolas como fontes provedoras de datos están directamente relacionadas con esta actividade. A converxencia mediática provoca a perda de valor dalgúns estudos clásicos. Utilízanse fontes alternativas mentres se perfecciona o consenso ao redor da medición crossmedia. O obxectivo deste traballo consiste en analizar as principais aplicacións de medición de audiencias que usan os medios españois con maior consumo online, así como detectar a existencia de novos perfís profesionais. O estudo baséase nunha metodoloxía cuantitativa a partir de enquisas realizadas a once responsables de audiencias e analistas dixitais. Os resultados amosan o interese dos medios por monitorar o comportamento dos seus usuarios, aínda que se observan diverxencias nas aplicacións empregadas, nas estruturas organizativas e nas etiquetas coas que designan estes novos roles.

Palabras chave: Audiencias; Métricas; Medios online; Crossmedia; Perfís profesionais; Participación

Photo by rawpixel.com from Pexels

Autor/a: Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Sabela Direito Rebollal, Alba Silva Rodríguez Ano: 2018Titulo: Audiencias crossmedia: nuevas métricas y perfiles profesionales en los medios españoles Categoría: Artigo científico Título revista/libro: El Profesional de la InformaciónVolume: 27Número: 4Páxina inicial: 793Páxina final: 800URL: https://doi.org/10.3145/epi.2018.jul.08
Descarga a publicación
© 2024 Estudos Audiovisuais