Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

As pasaxes múltiples: apuntamentos sobre as relacións de investigación da Galiza co espazo Iberoamericano

A intersección entre os dous ámbitos que esta obra colectiva denomina “Mundo Iberoamericano”, o ámbito lusófono máis o hispanófono, foi un dos albos que orientou o desenvolvemento de liñas significativas e programas de investigación no marco da Universidade de Santiago de Compostela, USC, en colaboración estreita coa Asociación Galega de Investigadoras e Investigadores da Comunicación, AGACOM, que, fundada en 2001, tiven a honra de presidir durante os seus primeiros 15 anos. A idea que nos animou dende o comezo devalou do ideoloxema “un só mundo, espazos múltiples” canda o recoñecemento do que supuxo o NOMIC para a construción dun outro modo de pensar a comunicación, que se concretara  naquela obra de referencia “Un solo mundo, voces múltiples”, un texto seminal para a xeración dos oitenta. Así, e denantes adentrarme no que significou para a Galiza a escolla do espazo lusófono como escenario comunicacional e, no concreto, os 20 anos de relación de investigación con Brasil, querería partillar algúns momentos de interese e, asemade, a débeda da nosa toma de posición, teórica e metodolóxica, coa actitude e achegas en aberto dos Estudos Culturais e as súas variacións.

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2017Titulo: As pasaxes múltiples: apuntamentos sobre as relacións de investigación da Galiza co espazo Iberoamericano Categoría: Capítulo de libro Título revista/libro: Cenários Comunicacionais: Entre as Sociedades Industriais e as Emergentes. Páxina inicial: 33Páxina final: 44Cidade: PortoPaís: PortugalEditorial: Media XX ISBN: 978-989-729-175URL: https://www.mediaxxi.com/loja/cenarios-comunicacionais-as-sociedades-industriais-as-emergentes-volume-mundo-iberoamericano/
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
Cine, diversidade e redes
Entidade financiadora: Ministerio de Innovación. Plan Nacional de I+D+iData de inicio: 31/12/2010Data de fin: 31/12/2012I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Antía López Gómez Enrique Castelló Mayo Ana Isabel Rodríguez Vázquez Marta Pérez Pereiro , Xosé Soengas Pérez, Xan Gómez Viñas, Silvia Roca Baamonde, Xosé Pereira Fariña (colab.) e Francisco Campos Freire (colab.) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Instituto Universitario Nacional del Arte (Arxentina), Universidad Nacional de Quilmes (Arxentina), Pontifícia Universidade Católica de Río Grande do Sul (Brasil), Universidad de la República de Uruguay (Uruguai), Museo de la Emigración Gallega de Argentina (Argentina) Patronato da Cultura Galega (Uruguai)
© 2024 Estudos Audiovisuais