Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Peche do curso “Innovación en Escenografía Virtual Avanzada: Aston 3D Suite e Infinity Set de Brainstorm Multimedia”

26/06/2015

A Facultade de Ciencias de Comunicación da USC acolle o acto de clausura do “Curso de Innovación en Escenografía Virtual Avanzada: Aston 3D Suite e Infinity Set de Brainstorm Multimedia” , realizado entre o 23 e o 26 de xuño baixo a dirección de Enrique Castelló Mayo (Grupo de Estudos Audiovisuais). Esta actividade de formación especializada de 25 horas de duración, foi impartida por Miguel Jiménez Moya, deseñador e operador gráfico de Brainstorm Multimedia. Como especialista no deseño de liñas gráficas e sets virtuais en tempo real, Miguel Jiménez é un referente internacional, tanto no desenvolvemento de formatos e aplicacións gráficas, como en calidade de formador de eStudio, Aston 3D, Easy Set, e outros produtos Brainstorm.
O curso ofrece unha inmersión eminentemente práctica na Escenografía Virtual Avanzada, a través dunha intensa e personalizada experimentación das posibilidades creativas e tecnolóxicas deste tipo de contornas que desafían as leis físicas e que son xa unha constante na produción dixital contemporánea. A introdución á lóxica, e á estratexia compositiva da escenografía virtual 3D e dos seus virtuais interactivos en tempo real, o deseño e execución de operacións básicas e avanzadas da escenografía virtual, así como a aprendizaxe das rutinas de realización nun plató interactivo 3D, son só parte das temáticas abordadas neste curso realizado íntegramente nas instalacións da Facultade de Ciencias da Comunicación.
A iniciativa serve de consolidación da dilatada colaboración entre o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC e Brainstorm Multimedia, unha transnacional española con máis de vinte anos de experiencia en investigación e desenvolvemento de escenografía e grafismo virtuais 3D en tempo real. Amais de formar parte do catálogo de Cursos de Verán da USC, a actividade formativa encádrase na estratexia de desenvolvemento do Grupo de Estudos Audiovisuais para o período 2014-2016, en tanto grupo investigador beneficiario das Axudas para a Consolidación e Estructuración de Unidades de Investigación Competitivas do SUG.

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais