Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O proxecto I+D+i sobre o cinema español posbélico colaborará nunha xornada científica sobre Wenceslao Fernández Flórez que se celebrará en Lyon

21/07/2014

O venres 10 de outubro celebrarase na cidade francesa de Lyon a Xornada Wenceslao Fernández Flórez: Cine y literatura, vinculada ó Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España).
Trátase dun encontro científico no que relevantes investigadores (algúns deles membros do equipo do proxecto), reflexionarán sobre a decisiva influencia da obra de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español.
A xornada estará organizada pola Universidade de Santiago de Compostela (Grupo Estudos Audiovisuais), a Universidade de Lyon, o Grupo GRIMH e o Instituto Cervantes de Lyon, e está enmarcada dentro dos actos conmemorativos do cincuenta aniversario do pasamento do escritor coruñés, formando parte así mesmo das tarefas de divulgación investigadora acometidas dende o Proxecto, que neste caso amplía a súa difusión alén das nosas fronteiras.
Ademais, como actividade complementaria, o día anterior ó encontro proxectarase no Instituto Cervantes de Lyon a transcendental película El destino se disculpa, dirixida en 1945 por José Luis Sáenz de Heredia, sobre unha obra de Wenceslao Fernández Flórez.
Achegamos a continuación o listado de relatorios que compoñen o programa da xornada:

Relatos melancólicos y costumbristas de la “pobre gente española”
José Luis Castro de Paz (asinada con Héctor Paz Otero e Fernando Gómez Beceiro)

Las dos versiones (1918 y 1940) de “Las gafas del diablo”: costumbrismo y crítica social
Jacques Soubeyroux

Del texto a la imagen o de los mitos fundamentales de la obra de Wenceslao Fernández Flórez
Philippe Merlo

“Odio”, un guion olvidado de Wenceslao Fernández Flórez
Jean-Claude Seguin

Antropología del deseo en Volvoreta (1976) de José Antonio Nieves Conde
Sonia Kerfa

Histriones y cómicos: los actores en el cine español
Santos Zunzunegui

“El bosque animado”, fictions cinématographique, littéraire et légendaire
Marion Le Corre-Carrasco

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais