Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O profesor José Luis Castro de Paz presenta o seu novo libro ‘Cinema e exilio: Forma(s) da ausencia’

20/06/2018

O sábado 23 de xuño, ás 11:00 h no Edificio Rialto en Valencia, o profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación e Catedrático de Comunicación Audiovisual da USC, José Luis Castro de Paz, presentará o seu novo libro ‘Cinema e exilio: Forma(s) da ausencia‘ dentro do marco do Festival Internacional de València CinemaJove. O evento, organizado por CinemaJove e a editorial Shangrila, contará coa presenza de Juan Miguel Company, escritor e Catedrático de Comunicación Audiovisual da Universitat de València.

«O que talvez puido ser unha das causas da derrota republicana, ese bulicioso desorde das masas febrís e ardorosas que poboan as reportaxes de guerra do bando leal ao goberno democrático, habería de converterse pouco despois na máis dolorosa procesión de xentes humilladas e mutiladas, apenas sen trazos e sen nome, abandonando para sempre o seu país e deixando ao seu paso tan profundas cicatrices na dolorida terra española que as cámaras cinematográficas non poderán deixar de notar, aínda sen querelo, a súa ominosa presenza. Desas e outras películas –aproximándonos a elas coas armas metodolóxicas da análise fílmico, sen desprezar a necesaria contextualización histórica– tratan de dar conta, lúcida pero apaixonadamente, as páxinas deste libro».

MÁIS NOVAS
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
Preséntase os resultados do proxecto “Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela”.
Trátase dunha iniciativa de Aprendizaxe-Servizo, na que o alumnado se converte en voluntario con capacidade para mellorar unha necesidade social da súa contorna
25/09/2018

Un podcast cultural sobre os cafés teatro de Compostela, un mapa sonoro da cidade, un percorrido fotográfico polos barrios ou pequenas pezas audiovisuais son algúns dos resultados do proxecto de innovación educativa ‘Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela’ que este mércores se presentarán na […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais