Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O profesor José Luis Castro de Paz participa nas xornadas ‘A transición a debate’

04/06/2018

José Luis Castro de Paz, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, participará nas Xornadas ‘A transición a debate’ que organiza a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais dentro dos cursos de verán da USC. Os obxectivos deste curso son: presentar e analizar o estado dos estudos sobre a Transición, analizar o papel das elites e da sociedade civil durante a Transición, analizar a Transición en Galicia, analizar o papel dos medios de comunicación e do cine na Transición e analizar o impacto da Unión Europea na Transición.

O programa completo das xornadas pódese consultar aquí. A matrícula está aberta ata o 6 de xullo a través da web da USC.

MÁIS NOVAS
Integrantes do proxecto EUVOS participan no Congreso “Cine e Crise no Mediterráneo”
Do 22 ao 26 de outubro na Universitat de Valéncia
19/09/2018

O equipo investigador do proxecto de I+D+i “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (AEI, ref. CSO2016-76014-R) participa cun panel no Congreso “Cinema e Crise no Mediterráneo” que se celebra na Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació da Universitat de València, do 22 ao 26 de outubro de 2018. O […]

Seguir lendo
Aberto o envío de comunicacións ao IX Encontro Anual da Associação de Investigadores da Imagem em Movimento
Até 15 de novembro de 2018
18/09/2018

A Associação de Investigadores da Imagem en Movimento (AIM) invita a enviar propostas de comunicación para o seu IX Encontro Anual, que terá lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 16 de maio de 2019, coa colaboración da Facultade de Xeografía e Historia da USC. Admítense propostas en portugués, galego, castelán ou inglés, que […]

Seguir lendo
Margarita Ledo participa na presentación da exposición itinerante GalizAmérica
A mostra amosa o espertar da conciencia galega en América a través da laboura dos intelectuais emigrados
12/09/2018

A Sala das Cunchas do Grove é o lugar escollido para dar apertura a esta mostra que homenaxea a cultura galega na diáspora. De setembro a decembro, a exposición promovida pola Deputación de Pontevedra e comisariada por Carmen Carreiro e Ramón Nicolás, percorrerá Gondomar, A Guarda, Redondela e Poio. GalizAmérica percorre a historia da colectividade galega no exlilio […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais