Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O Premio Primeiro Olhar para documentarios realizados por estudantes de cinema abre a recepción de propostas

20/01/2016

O Premio Primeiro Olhar é a sección competitiva dos Encontros de Cinema de Viana do Castelo, que este ano celebran a súa XVI edición. O certame ten por obxectivo promover o documentarismo e premio ao mellor documentario realizado por alumnos de escolas de cinema, de audiovisuais ou comunicación, e por participantes de cursos de documentarios promovidos por outras entidades de Portugal, da Galiza, do Brasil e doutros países de lingua portugesa.
O prazo para a presentación de candidaturas ao premio está aberto ate o 31 de marzo. As instrucións e normas para a presentación de propostas están dispoñibles na web do festival.

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais