Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O I+D+i sobre o cinema español de posguerra presenta un voluminoso libro-CD coa análise de máis de cento corenta películas

25/10/2015

Despois de tres anos de investigación, o Proxecto de I+D+i Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España) presenta o libro-CD Modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez. Exemplos de análise, editado por Vía Láctea, co apoio da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, e que constitúe unha investigación completa das películas españolas do período 1939-1962, a través da análise histórica-fílmica dos dispositivos semánticos e formais máis destacados dun gran número de películas, seleccionadas tanto polo seu interese narrativo e formal, como pola decisiva importancia da súa recepción espectatorial.
Trátase dunha obra coordinada por José Luis Castro de Paz e Natalia Alonso Ramos, estructurada en torno a numerosas fichas fílmicas dispostas como exemplos de aproximación ao vasto obxecto de estudo e desenvolvidas polos investigadores que compoñen o equipo de traballo. En xeral, a análise de 142 películas –entre as que se inclúen tanto obras célebres do cinema español como pezas pouco abordadas ata o de agora pero de fonda significación– congrega a obra de cincuenta directores. Ademais, o libro-CD complétase cunha ampla introdución que ofrece unha perspectiva de conxunto sobre a evolución fílmica no marco histórico que abrangue a investigación, así como unha reflexión coidadosa sobre o pouco explorado cine amateur español, e un estudo da curtametraxe Tragedia muy muy íntima, realizada en 1951 por José María Zabalza como memoria de prácticas do Instituto de Investigación e Experiencias Cinematográficas, sobre unha idea orixinal de Wenceslao Fernández Flórez.
Malia que aínda faltan por difundirse algúns traballos específicos de vindeira publicación, o libro–CD Modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez. Exemplos de análise vén a consumar a extensa produción científica xerada polo proxecto, o que deu lugar a máis de medio centenar de publicacións –libros, capítulos de obras colectivas, artículos en revistas especializadas, actas de congresos…– así como numerosas colaboracións en eventos científicos – congresos, mesas temáticas, conferencias…– entre as que destaca a organización do Simposio Internacional Costumismo, humor, melancolía e reflexividade: impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español. As preto de mil páxinas que agora se presentan reflicten, polo tanto, a intensa labor realizada durante os últimos tres anos polo equipo que conforma o proxecto, amparada no caso dalgúns dos seus membros por máis de dúas décadas de traballo enfocadas no estudo do cinema español.

MÁIS NOVAS
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
Margarita Ledo Andión recibe o XII Premio de Igualdade “Ernestina Otero” 
A Catedrática recollerá este recoñecemento o vindeiro venres 15 de marzo.
07/03/2024

O Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller entregarán o Premio de lgualdade ”Ernestina Otero” á Catedrática emérita e membro do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión. A entrega do premio honorífico realizarase no transcurso dunha gala que terá lugar o venres 15 de marzo ás 20:00 horas no salón de recepcións […]

Seguir lendo
Aberta a inscrición para a décima edición do CO(M)XÉNERO. Imaxes do delito.
O seminario terá lugar nos días 8 e 9 de abril na Facultade de Cc. da Comunicación.
26/02/2024

Os días 8 e 9 de abril de 2024, a décima edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA), aborda as prácticas fotográficas feministas, os espazos nos que se producen, as posicións dende as que se enuncian e os seus mecanismos de visibilización. Pilar Aymerich, Premio Nacional de Fotografía 2021, capturou coa súa […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais