Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O I+D+i EDCINEMA celebra en Cardiff o simposio: “Finlandia, Galiza, Gales. Os retos dos pequenos cinemas en linguas minorizadas”

10/11/2015

Os días 24 e 25 de novembro, ten lugar en Cardiff o simposio Finlandia, Galiza, Gales. Os retos dos pequenos cinemas en linguas minorizadas.
A consideración das nacións como espazos comunicativos, e do cinema en versión orixinal como ferramenta imprescindible na construción da diversidade cultural europea, serve de punto de partida para que académicos, representantes institucionais e profesionais do sector cinematográfico leven a debate as barreiras que dificultan a visibilidade dos pequenos cinemas e a eficacia das políticas da diversidade existentes na difusión dos filmes nacionais.
As investigadoras Marta Pérez e Mª Soliña Barreiro coordinan este evento no que tamén participan: George Henry Bacon (University of Helsinki), Matt Beere (Chapter), Steve Blandford (University of South Wales), Pietari Kääpä (University of Stirling), Ruth McElroy (Centre for the Study of Media Culture and Small Nations. University of South Wales), Daryl Perrins (University of South Wales), Cibrán Tenreiro Uzal (Universidade de Santiago de Compostela), Hanna Thomas (Fflim Cymru), e Rhiannon Wyn Hughes (Film Cymru).
O evento forma parte das actividades de difusión proxecto do Plan Nacional de I+D+i “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal”(ref. CSO2012-35784. Ministerio de Economía e Competitividade) que desenvolve o Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección da catedrática Margarita Ledo Andión.

Programa do evento

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais