Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O Grupo de Estudos Audiovisuais presenta o libro «Marcas na paisaxe»

11/06/2018

O martes 12 de xuño ás 20. 00 horas, a libraría NUMAX acolle a presentación do libro Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega, editado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e a Editorial Galaxia baixo a coordinación de Margarita Ledo Andión.

Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega conta coa participación de oito investigadoras que esculcan na relación do cinema galego con diversos aspectos esenciais da nosa cultura, como a emigración, a paisaxe, a lingua ou a procura dun cinema nacional-popular. No acto intervirá a coordinadora do libro e catedrática en Ciencias da Comunicación, Margarita Ledo Andión, o doutor en Historia da Arte Xosé Nogueira Otero, e o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro. Tamén estarán presentes as demais autoras do volume: Marta Pérez Pereiro, María Soliña Barreiro, Fernando Redondo Neira, Brais Romero Suárez, José Luis Castro de Paz e Xan Gómez Viñas.

‘Ao abeiro de dúas efemérides, os cincuenta anos do 1968 como animador do cinema militante e a declaración de 2018 como Ano europeo do Patrimonio Cultural, Material, Inmaterial e Dixital, quixemos retomar os vieiros do cinema con capítulos que nos traian outra volta o cine de emigración, presente en cada período; que analicen como se filmou a terra e a idea da terra; que traten das diferentes propostas dun cinema nacional-popular; que se fixen na contribución constituínte do cinema militante a amador, amateur, e que nos axuden a lembrar aqueles momentos de debate en torno da lingua nas películas’

MÁIS NOVAS
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
Preséntase os resultados do proxecto “Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela”.
Trátase dunha iniciativa de Aprendizaxe-Servizo, na que o alumnado se converte en voluntario con capacidade para mellorar unha necesidade social da súa contorna
25/09/2018

Un podcast cultural sobre os cafés teatro de Compostela, un mapa sonoro da cidade, un percorrido fotográfico polos barrios ou pequenas pezas audiovisuais son algúns dos resultados do proxecto de innovación educativa ‘Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela’ que este mércores se presentarán na […]

Seguir lendo
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas Agencia Española de Investigación. Ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: Agencia Estatal de InvestigaciónData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
eDCINEMA: Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en v.o.
Entidade financiadora: Ministerio de Economía e CompetitividadeData de inicio: 31/12/2013Data de fin: 31/12/2015I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Marta Pérez Pereiro Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Demetrio Brisset, Francisco Apillaga, José Gabriel Ferreras, Begoña Gutiérrez, Miren Manias, Mª Ángeles Martínez, Francisco Reyes, Francisco Sierra, Javier Sierra, Xosé Soengas, Mónica Valderrama Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidad Complutense de Madrid, Universidad de Málaga, Universidad de Murcia, Universidad de Salamanca, Universidad de Sevilla, Universidad del País Vasco, Universidade de Vigo
© 2018 Estudos Audiovisuais