Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O Congreso Internacional Latina de Comunicación Social acollerá en decembro unha mesa temática vinculada ao Proxecto de Investigación sobre o cinema español posbélico

19/06/2014

A comezos do mes de decembro celebrarase en Tenerife o VI Congreso Internacional Latina de Comunicación Social, organizado pola Sociedad Latina de Comunicación Social e a Universidad de La Laguna.
Dentro das actividades do congreso, o venres 5 (entre as 16:00 e as 18:00 horas) desenvolverase unha mesa temática vinculada ao Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España), na que os investigadores participantes analizarán o peso da literatura na configuración dunhas formas expresivas propias no cinema español tralo conflito bélico, que en moitos casos manteñen sólidos fíos coas tradicións culturais populares que xa nutriran o cinema republicano.
Trátase da Mesa de Debate 625, titulada Literatura y cine popular después de la Guerra Civil española (1939-1962) e estará moderada polo Investigador Principal, José Luis Castro de Paz (Universidade de Santiago de Compostela), e os tamén membros do equipo do Proxecto, Santos Zunzunegui e Carmen Arocena (Universidad del País Vasco).
Do mesmo xeito que co número monográfico que prepara a revista L’Atalante para mediados do vindeiro ano, está previsto que participen na mesa varios membros do Proxecto, aínda que o congreso está aberto a quen desexe colaborar con comunicacións sobre aspectos ao abeiro da investigación. O prazo para o envío de propostas remata o 31 de outubro, e os textos completos poderanse enviar ata o 15 de novembro.
Para unha información máis detallada, pódese consultar a páxina web do congreso:

VI Congreso Internacional Latina de Comunicación Social

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais