Equipo
Estudos Audiovisuais: Contidos, formatos e tecnoloxía Grupo de Referencia Competitiva do SUG
Xan Gómez Viñas
Alumni

Licenciouse en Xornalismo (na especialidade de Xornalismo Electrónico) pola facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela en 2004. Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados cun traballo de investigación arredor da cineasta Helena Lumbreras e doutorouse en 2015 coa tese Do amateur ao militante: implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos 70

No seu labor como xornalista, traballou no departamento de comunicación de Vieiros, Compostela Cultura, Netclub, Emprendia, AGN, IGAPE e Auditorio de Galicia. Foi socio fundador do Cineclube de Compostela e publica crítica cinematográfica en diversos medios especializados. En 2012 dirixe canda Pablo Cayuela o filme documental Fóra, estreado no CPH:DOX de Copenhague. Na actualidade, é socio traballador de NUMAX e o seu responsábel de comunicación.

DESTACADOS
Proxectos
O proxecto “Cine, diversidade e redes” ten como finalidade coñecer e analizar a recepción de produtos cinematográficos galegos, a partir de determinadas variábeis tecnolóxicas que afectan aos novos modos de circulación da produción cinematográfica e audiovisual, naqueles países onde existen comunidades emigrantes que se significan pola súa condición de cidadáns…
Proxectos
Os países lusófonos constitúen un espazo xeo-lingüístico plural e asimétrico cun fío común, unha partilla de linguas do mesmo sistema lingüístico de inestimábel valor de uso –e de cambio– para a circulación de produtos das industrias culturais. O proxecto de Investigación e Desenvolvemento “Lusofonía, Interactividade e Interculturalidade”, trata de localizar as…
© 2024 Estudos Audiovisuais