Equipo
Estudos Audiovisuais: Contidos, formatos e tecnoloxía Grupo de Referencia Competitiva do SUG
Silvia Roca Baamonde
Persoal colaborador externo
silvia.roca@usc.es
+34 881 816 598
Doutora en Comunicación e Información Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela  é licenciada en Comunicación Audiovisual e en Xornalismo. A súa traxectoria profesional combina a xestión de proxectos de I+D+i, coa produción e edición de obras audiovisuais (para Continental Producións, 2004; Producións Zopilote, 2005; Nós, Produtora Cinematográfica Galega, 2005, 2008, 2012), a redacción e edición de programas informativos de televisión (CRTVG, 2006-2010) e o xornalismo e a xestión cultural.
Membro do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC desde 2009, nos últimos anos colaborou como investigadora e xestora en diferentes proxectos competitivos , tales como EU- VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas non Hexemónicas ( MINECO- AEI; CSO2016-16014- R); Cara ao Espazo Dixital Europeo. O papel das pequenas cinematografías en versión orixinal ( MINECO. CSO2012-35784) Cinema, Diversidade e Redes (MINECO. CSO2009-13702) ou Lusofonía, Interactividade e Interculturalidade (INCITE08 PXIB212124 PR). Centra as súas liñas de investigación no estudo das narrativas cinematográfica e televisiva, o estudo sistémico do audiovisual, particularmente o cinema, e a análise crítica da representación nacional nos medios de comunicación.
É integrante de AGACOM, AE-IC, IAMCR  e ECREA.
DESTACADOS
Seminario
Seminario Permanente de Comunicación e xénero
A persistencia do discurso androcéntrico nos contidos, a liña editorial e as estruturas organizacionais dos medios de comunicación actuais reflicte e perpetúa unha sociedade asimétrica e disfuncional que silencia e incapacita os posicionamentos diverxentes. Pór fin a esta dinámica invalidante pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no…
PUBLICACIÓNS
Cadernos de comunicación e xénero Co(m)xénero 2
2023
Cadernos de Comunicación e Xénero
O segundo caderno CO(M)XÉNERO segue a facer medrar a aposta e recolle diversas achegas dos seminarios 4, 5 e 6 que celebramos no período 2020-2021 e en marzo de 2022. Contra a desmemoria e a prol da auto-representación organizou a proposta de saída para poder avanzarmos cara a Recuperar a…
Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO 1
2020
Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO
Presentamos o primeiro Caderno de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO, resultado das tres primeiras sesións do seminario, para ampliar o debate sobre os temas e motivos que nos levaran á realización destes encontros. Situámonos no pensamento crítico, na súa aplicación aos lugares que habitamos, ás propostas que construímos, ás obras onde…
The (dis)solution of European cultural identities in the digital space: a critical reflection on small cinemas
Drawing from the research project, “eDCINEMA: Hacia el espacio digital europeo. El papel de las cinematografías pequeñas en versión original”, which was financed by the Plan Nacional de I+D+i of the Ministerio de Economía y Competitividad (Ref. CSO2012-35784) and developed by the Grupo de Estudos Audiovisuais of the Universidade de…
Cines nacionales y lenguas no hegemónicas. La invisibilidad del gallego frente a las políticas de diversidad cultural
2016
CIC. Cuadernos de Información y Comunicación
En liña cos postulados da Axenda 2020 respecto ao rol estrutural do cinema na configuración da(s) identidade(s) europea(s), o artigo destaca a trascendencia das cinematografías nacionais en linguas non hexemónicas na consecución dunha cultura europea diversa. Desde esta perspectiva, asúmese o estudo de caso do cinema en Galicia, e analízase…
© 2024 Estudos Audiovisuais