Equipo
Estudos Audiovisuais: Contidos, formatos e tecnoloxía Grupo de Referencia Competitiva do SUG
Fernando Redondo Neira
Persoal investigador
fernando.redondo@usc.es
+34 881 816 563
Profesor titular no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola mesma universidade. Autor dos libros Carlos Velo. Itinerarios do documental nos anos trinta, e Os amorodos de Bergman (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio), coordinador do volume Cidadanía e Documental. Publicou artigos sobre cine e sobre comunicación audiovisual en revistas académicas como Estudios sobre el Mensaje Periodístico; Signa. Revista de la Asociación Española de Semiótica; L’Atalante. Revista de Estudios Cinematográficos; Historia Social y de la Educación ou Latin American Perspectives. Premio Mari Luz Morales de Ensaios cinematográficos outorgado pola Academia Galega do Audiovisual. Membro Asociación Galega de Investigadores da Comunicación (AGACOM) e do Centro de Estudos Filmicos da USC (CEFILMUS).
DESTACADOS
PUBLICACIÓNS
A crise económica de 2008 a través de catro documentais cinematográficos: Testemuño, debate e reflexión
O propósito deste artigo é estudar como o documental representou a profunda crise económica que comezou en 2008 en España. Propoñemos aplicar unha metodoloxía de análise fílmico que nos permita xerar un novo coñecemento sobre este tema. Estudaremos Edificio España (Víctor Moreno, 2012), Libre te quiero (Basilio Martín Patino, 2012),…
Cinema familiar e emigración: imaxe, reconstrución e memoria
2020
Novos Olhares: Revista De Estudos Sobre Práticas De Recepção a Produtos Midiáticos
O cinema familiar constitúe unha moi reveladora ferramenta para indagar no coñecemento visual dun pasado íntimo e persoal, útil para a reconstrución de usos e costumes que axuden a comprender a evolución das sociedades contemporáneas. O noso traballo baséase na consideración do emprazamento nuclear que este cinema ocupa no universo…
A foresta e as árbores
Para unha historia do cinema en lingua galega (2)
«So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa de filmes que, en presente, contrúen, balizan e normalizan un ámbito singular da cultura: producir películas na lingua propia de Galiza […] Sobordando tópicos, este é un libro no que as árbores deixan…
Os amorodos de Bergman
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018
Entre 1925 e 1934, o grupo de excursionistas chamado Sociedade Amigos do Campo filmou unhas cen películas nas que amosaban o seu interese pola paisaxe. Películas de viaxes e excursións que, en vez de acontecementos excepcionais, recollen momentos intranscendentes. O ensaio de Fernando Redondo Neira parte dese rexistro fílmico, sen…
Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega
Para unha historia do cinema en lingua galega
2018
Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega.
«Ao abeiro de dúas efemérides, os cincuenta anos do 1968 como animador do cinema militante e a declaración de 2018 como ‘Ano europeo do Patrimonio Cultural, Material, Inmaterial e Dixital’, quixemos retomar os vieiros do cinema con capítulos que nos traian outra volta o cine de emigración, presente en cada…
La ruta de las voces invisibles. Voz narradora en el cine español del primer franquismo
2015
L’Atalante
O uso dunha voz over narradora en destacadas ficcións do primeiro franquismo procede en liña directa daquelas outras voces de comentario, titoriais e persuasivas, que xa figuraban nos noticiarios e documentais da Guerra Civil, da cal non deixa de ser unha pegada máis da súa presenza nestes filmes. Á súa…
Identidades al margen y en los márgenes
Frontera y laberinto en Arraianos (Eloy Enciso, 2012)
2015
Fonseca Journal of Communication
O filme que aquí estudamos, Arraianos ( Eloi Enciso, 2012), discorre ao redor dun cruzamento de camiños no que conflúen o ficcional e o documental, alí onde se confontan unha marcada representación antinaturalista dun espazo, e do grupo humano que o habita, e unha vontade de indagación visual do devandito…
© 2024 Estudos Audiovisuais