Equipo
Estudos Audiovisuais: Contidos, formatos e tecnoloxía Grupo de Referencia Competitiva do SUG
Cibrán Tenreiro Uzal
Persoal investigador

CV no portal da investigación USC

Cibrán Tenreiro é profesor axudante doutor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Doutor pola mesma universidade, é tamén Máster en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo pola Universitat Pompeu Fabra e ten unha especialización en Documentalista audiovisual e Film researcher pola Universitat Oberta de Catalunya. O seu traballo como investigador examina os usos creativos das ferramentas de baixo orzamento, as relacións entre música e cinema ou a produción creativa das comunidades de fans e escenas, ademais de diferentes liñas relacionadas co cinema galego, como o uso de material de arquivo ou o papel da crítica. O seu texto “Equilibrios precarios. Unha aproximación aos vídeos dunha escena underground galega” recibiu o Premio María Luz Morales de ensaio escrito sobre audiovisual galego. Fóra da academia, ten traballado como xornalista cultural en medios como a Radio Galega ou VINTE e no equipo de comunicación de festivais como Curtocircuíto ou o Carballo Interplay, e participa en proxectos como o Cineclube de Compostela.

DESTACADOS
PUBLICACIÓNS
Una aproximación al cine del fan: las gravaciones caseras de conciertos pop
2015
Fonseca. Journal of Communication
Este artigo explora o fenómeno das gravacións caseiras de concertos de música pop como posible exemplo dunha proposta terminolóxica fo “cine do fan”. Mediante a análise fílmica de numerosos vídeos de concertos extraídos de Internet e filmes que os empregan, o texto busca comprender se a identidade fan condiciona a…
© 2024 Estudos Audiovisuais