Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Marta Pérez Pereiro presenta “A Costa dos Murmúrios” no VI Ciclo de Cinema Portugués do Instituto Camões de Vigo

13/06/2016

A investigadora do Grupo de Estudos Audiovisuais Marta Pérez Pereiro participará este mes de xuño no VI Ciclo de Cinema Portugués organizado polo Centro Cultural do Instituto Camões de Vigo. Esta edición está adicada ás realizadoras portuguesas, facendo fincapé na aparición de moitas directoras no cinema portugués recente e tentando representar diferentes xeracións de cineastas. Pérez Pereiro presentará e conducirá o debate arredor de A costa dos murmúrios, de Margarida Cardoso, o venres 17 de xuño ás 19 horas. A entrada é gratuita e a programación completa é a seguinte:

16 de xuño, 19 horas:
Falta-me (Cláudia Varejão, 2004, 20′)
Carlos de Oliveira: Sob o lado esquerdo (Margarida Gil, 2007, 49′)
Presentación: María do Cebreiro e João Ribeirete.
Coa presenza de Margarida Gil

17 de xuño, 19 horas:
A costa dos murmúrios (Margarida Cardoso, 2004, 115′)
Presentación e debate: Marta Pérez Pereiro

22 de xuño, 19 horas:
Yvone Kane (Margarida Cardoso, 2014, 117′)
Presentación e debate: Ana Gravata

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais