Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto

Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela

28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos de traballar e de facer.

A actividade, que conta coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA), a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), desenvolverase entre os próximos 4 e 5 de outubro no Edificio Abanca da Praza de Cervantes.

Nun sector audiovisual cada vez máis diverso, hoxe en día podemos atopar xeracións ben diferenciadas que representan distintos momentos políticos e estéticos do noso audiovisual: desde os anos 80 até 2018. Nesta edición, Curtocircuíto xuntará por primeira vez ás catro xeracións en activo do sector audiovisual galego para poder comprender mellor a natureza, heteroxeneidade e potencial do sector ubicándoos en catro grandes grupos: “Dende a videocreación ata a produción industrial dos 2000” (nados arredor dos anos 60), “A Xeración EIS e outras fornadas de renovación” (nados arredor dos anos 70), “Novo Cinema Galego e outras francotiradoras” (nados arredor do 1980) e “Fillas da crise: novos modelos contra a austeridade” (nados arredor dos anos 90).

Deste xeito, o crítico de cine Brais Romero, a docente Beli Martínez, o director Jorge Coira e o guionista e produtor Antón Reixa porán sobre a mesa o que consideran os seus éxitos e fracasos e os dos seus coetáneos en‘A túa xeración: acertos e erros’. A análise dos paradigmas establecidos previamente será o punto de partida para Que herdas?’, debate que protagonizarán a directora de fotografía Lucía C. Pan, a actriz e directora Sonia Méndez, o eléctrico e iluminador David Melero, e o actor Antonio Durán “Morris”. En Como produces?Silvia Fuentes, Felipe Lage, Pancho Casal e Alfonso Blanco analizarán a creación cinematográfica a través da súa labor como produtores; e os cineastas Adrián Canoura e Oliver Laxe, a directora e montadora Sandra Sánchez, e a docente e investigadora Margarita Ledo protagonizarán o relatorio ‘A creación en clave xeracional’. Para rematar, os cineastas Anxos Fazáns e Xacio Baño e as produtoras Mamen Quintas e Dolores Ben serán os responsables de pechar estas xornadas en Xuntos ou revoltos? Retos de futuro’.

Os debates, que contarán coa moderación da actriz Nieves Rodríguez, a xornalista María Yáñez, o guionista Pepe Coira e os docentes Manolo González e Xaime Fandiño, serán de acceso gratuíto ata completar a capacidade do Auditorio do Edificio ABANCA de Santiago de Compostela. Para asistir é necesario cursar a inscrición previamente a través desta ligazón.

O Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, que organiza o Concello de Santiago, subvenciona a Deputación da Coruña e conta coa colaboración da AGADIC, continuará a virar dende a curtametraxe cara contidos interdisciplinarios, afondando na fusión entre diferentes artes. Máis aló do cinema, Curtocircuíto realizará un completo programa dando continuidade a ‘Arredor do son’, no que tamén haberá espazo para a música e o pensamento con proxeccións, actividades formativas e diversas performances que terán lugar en diferentes emprazamentos da cidade.

Podes consultar a programación completa da actividade na web do festival .

[Imaxe e texto: Curtocircuíto]

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais