Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo participará o vindeiro catro de xullo na Conferencia Internacional ‘Interfaces da Lusofonía’

09/04/2013

A directora do grupo Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión, catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), intervirá, o próximo catro de xullo, na sesión plenaria de apertura do Congreso Internacional “Interfaces da Lusofonía”, que terá lugar na Universidade do Minho, en Braga (Portugal). A devandita conferencia ten como propósito fundamental pensar a Lusofonia nunha intersección de ollares, de interpretacións e de saberes. Ademais, aséntase na idea da porosidade das fronteiras científicas e na convicción de que o cruzamento de miradas favorece un entendemento máis proveitoso do que é, e do que pode ser, a Lusofonía.

O encontro contará coa participación de reputados especialistas, nomeadamente, Ana Carolina Escosteguy (Pontifícia Universidade Católica do Rio Grande do Sul, Brasil), Armando Jorge Lopes (Universidade Eduardo Mondlane, Mozambique), Cláudia Castelo (Instituto de Investigação Científica Tropical, Portugal), Isabel Ferin Cunha (Universidade de Coimbra, Portugal), Isabel Margarida Duarte (Universidade do Porto, Portugal), José Carlos Venâncio (Universidade da Beira Interior, Portugal), José Eduardo Franco (Universidade de Lisboa, Portugal), Joseph Straubhaar (Universidade de Texas en Austin, EUA), Juremir Machado da Silva (Pontifícia Universidade Católica do Rio Grande do Sul, Brasil), Luísa Paolinelli (Universidade da Madeira, Portugal), Maria Immacolata Vassallo Lopes (Universidade de São Paulo, Brasil), Maria Manuel Baptista (Universidade de Aveiro, Portugal), Neusa Bastos (Pontifícia Universidade Católica de São Paulo, Brasil), Paulo Bernardo Vaz (Universidade Federal de Minas Gerais, Brasil), Regina Pires de Brito (Universidade Presbiteriana Mackenzie de São Paulo, Brasil), Silvino Lopes Évora* (Universidade de Cabo Verde, Cabo Verde) e Vera Veiga França (Universidade Federal de Minas Gerais, Brasil).

Tamén se celebrarán mesas redondas con escritores como Olinda Beja (Santo Tomé), Filimone Meigos (Mozambique), Lopito Feijó, José Luís Mendonça, Amélia Lomba e José Luandino Vieira (Angola). “Interfaces da Lusofonía” terá lugar entre o catro e o seis de xuño.

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais