Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo participa na presentación da exposición itinerante GalizAmérica

A mostra amosa o espertar da conciencia galega en América a través da laboura dos intelectuais emigrados

12/09/2018

A Sala das Cunchas do Grove é o lugar escollido para dar apertura a esta mostra que homenaxea a cultura galega na diáspora. De setembro a decembro, a exposición promovida pola Deputación de Pontevedra e comisariada por Carmen Carreiro e Ramón Nicolás, percorrerá Gondomar, A Guarda, Redondela e Poio.

GalizAmérica percorre a historia da colectividade galega no exlilio e os fitos acadados polos intelectuais galegos migrados a América a través de 13 paneis que afondan en tres temas centrais: as causas e condicións do exilio, a xenerosidade da acollida e o xérmolo da conciencia galega, e as relacións entre a Galiza interior e exterior, amais da pegada de autores coma Lugrís, Freire, Castelao, Seoane ou Colmeiro na evolución do país.

A mostra complétase coa proxección do filme A cicatriz branca de Margarita Ledo Andión, e varias conferencias sobre o exilio. 

MÁIS NOVAS
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
Preséntase os resultados do proxecto “Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela”.
Trátase dunha iniciativa de Aprendizaxe-Servizo, na que o alumnado se converte en voluntario con capacidade para mellorar unha necesidade social da súa contorna
25/09/2018

Un podcast cultural sobre os cafés teatro de Compostela, un mapa sonoro da cidade, un percorrido fotográfico polos barrios ou pequenas pezas audiovisuais son algúns dos resultados do proxecto de innovación educativa ‘Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela’ que este mércores se presentarán na […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais