Octavio Getino, co-director de La Hora de los Hornos (1968) e animador dos “Grupos de Cine Liberación”, como investigador da comunicación desenvolveu o seu traballo no cruzamento entre políticas públicas, industrias culturais, desenvolvemento e cinema. Foi docente, consultor de organismos internacionais, e coordinador do Observatorio do Cinema e o Audiovisual da Fundación del Nuevo Cine Latinoamericano. A súa obra segue a convocarnos “entre o posíbel e o desexábel”.