Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

LUSOCOM: Comunicación e información para o desenvolvemento

03/05/2018

Os días 28, 29 e 30 de novembro deste ano 2018 celebrarase o XIII Congreso da LUSOCOM en Maputo, Mozambique. O eixo condutor do encontro será “Comunicación e información para o desenvolvemento”.

Promover hoxe o desenvolvimento social, cultural e económico dun país ou de unha rexión xeográfica non pode ser visto como tarefa independente da dinamización de procesos de comunicación e da viabilización de fluxos de información libre. Por iso, neste congreso da LUSOCOM os investigadores son convidados a reflexionar sobre a relación entre comunicación, información e desenvolvemento. Serán ben acollidas propostas de traballo que, en cada grupo temático, teñan presente esta problemática e a discutan na perspectiva dos países de expresión portuguesa.

O envío de propostas será feita a través do formulario propio da web da LUSOCOM, até ao dia 20 de maio de 2018, mediante a presentación dun resumo dun máximo de 500 palabras. Non hai limite ao número de resumos permitidos por autor e pódense presentar traballos en portugués e en galego. Os grupos temáticos aceptados son:

  • Comunicación, Arte e Deseño
  • Comunicación e Educación
  • Comunicación e Representacións Identitarias
  • Comunicación , Información e Desenvolvemento
  • Comunicación Organizacional
  • Comunicación e Cultura
  • Comunicación Visual
  • Estudos Culturais e de Xénero
  • Historia dos Medios
  • Industrias Culturais e Creativas
  • Xornalismo
  • Publicidade
  • Radio e Televisión
  • Redes Sociais e Cultura Dixital
  • Sociedade da Información e Políticas da Comunicación
  • Socioloxia da Comunicación
  • Na web da LUSOCOM, atópase toda a información sobre o congreso.

    MÁIS NOVAS
    Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
    A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
    14/03/2024

    A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

    Seguir lendo
    Margarita Ledo Andión recibe o XII Premio de Igualdade “Ernestina Otero” 
    A Catedrática recollerá este recoñecemento o vindeiro venres 15 de marzo.
    07/03/2024

    O Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller entregarán o Premio de lgualdade ”Ernestina Otero” á Catedrática emérita e membro do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión. A entrega do premio honorífico realizarase no transcurso dunha gala que terá lugar o venres 15 de marzo ás 20:00 horas no salón de recepcións […]

    Seguir lendo
    Aberta a inscrición para a décima edición do CO(M)XÉNERO. Imaxes do delito.
    O seminario terá lugar nos días 8 e 9 de abril na Facultade de Cc. da Comunicación.
    26/02/2024

    Os días 8 e 9 de abril de 2024, a décima edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA), aborda as prácticas fotográficas feministas, os espazos nos que se producen, as posicións dende as que se enuncian e os seus mecanismos de visibilización. Pilar Aymerich, Premio Nacional de Fotografía 2021, capturou coa súa […]

    Seguir lendo
    © 2024 Estudos Audiovisuais