Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

José Luis Castro de Paz clausurará na UC3M un congreso sobre o cinema e a televisión da Post-Transición

01/12/2015

A Universidade Carlos III de Madrid (Campus de Xetafe) acollerá entre o mércores 9 e o venres 11 de decembro o Congreso Internacional El cine y la televisión en la España de la Post-Transición (1979-1992), organizado polo Grupo de Investigación TECMERIN (Televisión y Cine: Memoria, Representación e Industria).
Preto de medio centenar de comunicacións reflexionarán sobre o desenvolvemento do cinema e a televisión durante o proceso de consolidación da democracia en España, nun evento científico no que terá unha destacada presenza o I+D+i Cara a unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España), posto que o congreso será clausurado polo Investigador Principal do Proxecto, José Luis Castro de Paz, coa conferencia Formas de la Post-Transición.
Máis información na páxina web do congreso.

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais