Investigación
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Con máis dunha década de historia na análise de espazos xeolingüísticos de comunicación, o Grupo de Estudos Audiovisuais dirixe as súas actividades ao estudo da produción informativa, audiovisual e cinematográfica e á creación de novos ámbitos simbólicos de comunicación mediante o artellamento de redes e espazos culturais. A análise das políticas públicas de apoio ao cinema, a visibilidade e accesibilidade de cinematografías minorizadas, a análise do cinema dende a perspectiva histórica, o estudo do ámbito musical como espazo de creación e emprendemento son, xunto coa capacitación mediática e a xeración de novos públicos, algúns dos temas que centran a actualidade investigadora do grupo.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN DO GRUPO:

  • Políticas de comunicación e cultura, Diversidade e Patrimonio Material e Inmaterial.
  • Espazos culturais e xeolingüísticos de comunicación.
  • Estudos Fílmicos e Visuais.
  • Industrias Culturais e Identidade: da Música aos Universos Virtuais.
  • Programar contidos audiovisuais: da ideación á recepción
Proxectos
Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. PID2022-142353OB-I00
Este proxecto de investigación ten por obxecto a avaliación cuantitativa e cualitativa do impacto sobre o sector audiovisual da Lei 13/2022, do 7 de xullo, Xeneral de Comunicación Audiovisual, cunha especial atención á produción audiovisual de carácter independente naqueles marcos xeográficos e lingüísticos que comparten oficialidade co español, tal é…
FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Son múltiples os compromisos promulgados pola Unión Europea e os seus estados membros arredor á decidida e inexcusable preservación e fomento da diversidade cultural e lingüística de Europa e á posta en valor do Cinema como obxecto de confluencia entre a innovación tecnolóxica, a cultura e a economía. Neste sentido,…
Dende a perspectiva das industrias culturais e creativas, o cinema destácase como un dos territorios máis representativos para a innovación e a aplicación de tecnoloxías dixitais, tanto a nivel de producción como de difusión das obras. Porén, ao ter que enfrontar un entorno audiovisual moi competitivo a nivel mundial, o…
O proxecto “Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da pegada de Wenceslao Fernández Flórez” proponse investigar de xeito exhaustivo a filmografía española do período 1939-1962 co fin de determinar –a partir da análise dos filmes conservados, así como da…
O proxecto “Cine, diversidade e redes” ten como finalidade coñecer e analizar a recepción de produtos cinematográficos galegos, a partir de determinadas variábeis tecnolóxicas que afectan aos novos modos de circulación da produción cinematográfica e audiovisual, naqueles países onde existen comunidades emigrantes que se significan pola súa condición de cidadáns…
Estudos sobre o filme de Carlos Velo
En decembro de 2010, o profesor ruso Vladimir Magidov visita a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e porta canda si unha lata de celuloide con 16 novos minutos dos materiais rodados por Carlos Velo para o seu filme «Galicia-Finisterre 1936». A recuperación destes fondos perdidos permite a Margarita…
O proxecto de investigación Galicia en NO-DO. Comunicación, cultura e sociedade (1942-1981) constituíu unha ollada analítica verbo da imaxe de Galicia construída dende o noticiario cinematográfico, en tanto instrumento crucial no aparato de propaganda franquista e, en consecuencia, de adoutrinamento por parte do Réxime ditatorial. Deseñouse, con tal finalidade, un…
Os países lusófonos constitúen un espazo xeo-lingüístico plural e asimétrico cun fío común, unha partilla de linguas do mesmo sistema lingüístico de inestimábel valor de uso –e de cambio– para a circulación de produtos das industrias culturais. O proxecto de Investigación e Desenvolvemento “Lusofonía, Interactividade e Interculturalidade”, trata de localizar as…
Contratos
EU-VOS: Patrimonio Cultural Inmaterial
Para un programa de subtitulado en lenguas no hegemónicas
01/01/2017
Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad
Televisión e interculturalidade: Galicia, Bretaña e País de Gales
12/05/1997
UE - DG XXII
Towards an integrated European Minority Language Television
01/06/1998
UE - DG XXII
A comunicación na periferia atlántica
20/07/2001
PGIDT - PXI (Programa Xeral de Investigación)
Galicia en NO-DO: Comunicación, cultura e sociedade (1942-1981)
06/08/2009
PGIDT - 2007 - Sociedade e cultura (SEC)
Cinema, diversidade e redes
01/01/2010
6 PN - Ciencias sociales
Estudos Audiovisuais. Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas 2012 (GPC)
17/06/2012
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Cara ao Espazo Dixital Europeu: O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal
01/01/2013
6 PN - Ciencias sociales
Cara a unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez
01/01/2013
6 PN - Ciencias sociales
Consolidación e estruturación. GPC GI-1786 Comunicación audiovisual: contidos, formatos e tecnoloxía
24/06/2014
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Patrimonio cultural inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas.
RETOS 2016
30/12/2016
Agencia Estatal de Investigación
Consolidación e estruturación. Comunicación audiovisual: contidos, formatos e tecnoloxía (GEA)
01/01/2017
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Realización dun documental sobre a saúde mental en Galicia
22/01/2008
Federación de Asocacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia
Sociedade da información e investigación en comunicación
01/01/2008
Consellería de Innovación e Industria-Xunta de Galicia
Os novos modelos de televisión
31/12/2007
Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia
Investigar a comunicación
01/01/2007
Secretaría Xeral de Comunicación-Presidencia, Xunda de Galicia
Observatorio do Audiovisual, Catálogo de Produción 2001-2002
31/12/2001
Compañía de Radiotelevisión de Galicia, S.L.
Análise dos modelos de televisión educativa vixentes na área española e latinoaméricana
30/11/2000
Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
Teses
A mistica da feminidade en Mad Men
Cascudo Rodríguez, José Antonio
López Gómez, Antía María
18/06/2021
Esta investigación trata de desvelar as conexións existentes entre a ficción televisiva Mad Men (AMC, 2007-2015) e La mística de la feminidad, de Betty Friedan, un dos textos claves da denominada segunda onda do feminismo, publicado en 1963. Ambas as obras inciden no papel que desempeña a muller durante a…
A última ciudade. Vagabundeos terminais pola metrópole e o cinema contemporaneos
López Fernández, José Manuel
Castro de Paz, José Luis
22/06/2021
O cinema do tránsito do século XX ao XXI está percorrido por unha lexión de suxeitos en crises que atravesan cidades envoltas en intuicións do fin, en sinais decadentes que parecen anticipar a súa pronta desaparición e a dos seus habitantes. Pero, que provoca o seu malestar e impulsa a…
Arturo Ruíz-Castillo no cine español
Gómez Beceiro, Fernando
Castro de Paz, José Luis
16/06/2021
Educado baixo parámetros da “Institución Libre de Enseñanza” e criado nun eido familiar próximo aos círculos intelectuais da Idade de Prata, o cineasta madrileño Arturo Ruiz-Castillo (1910-1994) desenvolveu desde a súa mocidade unhas polifacéticas motivacións que acabarían derivando no establecemento dunha obra tan vasta como irregular que atravesa boa parte…
A representación do pobo galego a través da creación de personaxes de ficción das longametraxes cinematográficas
Roca Baamonde, Silvia
Ledo Andión, Margarita
23/12/2020
Comprender a imaxe, e máis concretamente a imaxe cinematográfica, como forma na que representarse e ser representados, como medio de comunicación e como mensaxe, alén de como práctica cotiá, devén na reflexión sobre a pegada que a creación audiovisual deixa no imaxinario colectivo e vencella o feito de facer e…
Álbum de fotos en dispositivos móbiles. Novos horizontes na fotografía de instantáneas
Fraga Pérez, Andrés
Castelló Mayo, Enrique
30/03/2021
Os teléfonos intelixentes convertéronse no principal ordenador persoal, acadando porcentaxes da poboación nunca vistos antes en ningún outro produto tecnolóxico. Esta ubicuidade do teléfono intelixente puxo tamén unha cámara nos petos de practicamente a metade da poboación mundial, cambiando completamente o concepto de fotografía doméstica. Esta tese investiga como este…
O surrealismo no cinema centroeuropeo durante a etapa comunista
Froiz Casal, Luis Eduardo
Castro de Paz, José Luis
22/09/2020
A presente investigación céntrase na influenza que o movemento surrealista tivo dentro do cinema polaco, checoslovaco, húngaro e das nacións do norte de Iugoslavia entre 1945 e 1990. A través da análise de filmografías e obras concretas de autores dos catro países, estuda as súas similitudes e diferenzas na aproximación…
Zona Salvaxe: violencia e cinema dirixido por mulleres no Estado español (2000-2018)
García Cid, Eire
Ledo Andión, Margarita
04/11/2020
A partir da norma heteropatriarcal obxecto-non suxeito que organiza a relación das mulleres tanto coa violencia, como coa Institución Cinematográfica, a presente investigación identificaría un modelo normativo que sinala as opcións preferíbeis de representación da violencia na cinematografía e cuxa función é (re)producir a ontoloxía das mulleres como xénero inerme.…
O rol do cinema galego de ficción 2000 – 2015
Romero Súarez, Brais
Ledo Andión, Margarita
31/10/2019
En O rol do galego no cinema galego de ficción: 2000 – 2015 preténdese describir a relación existente entre a lingua galega e o cinema galego. A aprobación da Lei 6/1999 dotou dun marco legal á actuación do goberno en materia de fomento do audiovisual, porén, o cinema galego era…
A televisión local en Ecuador. Contexto actual e perspectivas. Caso de estudo Zona 7
Kruzkaya Ordóñez González
Ana Isabel Rodríguez Vázquez
26/11/2018
A globalización, os avances tecnolóxicos, a dixitalización e a converxencia dixital, sitúan a televisión local nun escenario no que o próximo se convirte nun recurso competitivo ante a inmensa oferta de televisión que se presenta hoxe en día. Neste senso, dirixir a ollada ao estudo da televisión local en Ecuador…
Un cinema do fan. Os fans e as gravacións amadoras nos modos de representación da música en directo
Cibrán Tenreiro Uzal
Margarita Ledo Andión
11/06/2018
Hoxe en día, os concertos e demais eventos en directo xa non son rexistrados exclusivamente por profesionais. En calquera actuación, como en calquera ámbito da vida cotiá, podemos ver un monte de teléfonos móbiles e cámaras rexistrando o que acontece. O acceso xeralizado ás tecnoloxías de captación de imaxe que…
“Vértigo” como espello de Alfred Hitchcock. Reflexións sobre a relixión, a morte e o desexo
Esperanza Álvarez Castillo
José Luis Castro de Paz
19/07/2017
O obxectivo desta tese é ofrecer novas achegas sobre o desexo, a morte e a relixión en Vértigo de Alfred Hitchcock. Tamén estudei o posible final filmado do filme, e un caso real cuxa historia puidese ter influído en Vértigo. O desexo sexa considerado desde o punto de vista do…
Visualización avanzada e interacción aplicada a escenarios virtuales
Roi Méndez Fernández
Enrique Castelló Mayo
18/04/2017
As técnicas de visualización avanzada e interacción persoa-computador habitualmente utilizadas nos mundos da realidade virtual e aumentada teñen outros moitos campos de aplicación. Nesta tese estúdase a súa aplicación a dous destes entornos: os platós virtuais de televisión e os museos interactivos. O primeiro caso proponse unha nova arquitectura hardware…
As produtoras audiovisuais ecuatorianas, contexto, estrutura e perspectivas de futuro
Carlos Ortiz León
Ana Isabel Rodríguez Vázques
27/01/2016
En 1874, o científico alemán Theodoro Wolf proxecta por primeira vez en Quito imaxes da súa lanterna máxica sobre xeoloxía e xeografía dalgunhas cidades de Europa, e en 1887, no teatro Sucre, situado na capital ecuatoriana, exhíbense as primeira proxección cinematográficas. Previamente, en 1849, difundíanse as primeiras fotografías no país.…
A televisión pública rexional: O caso de Televisión de Galicia. Dixitalización e evolución tecnolóxica en Televisión de Galicia (1985-2012)
Rubén García Díaz
Dr. Xaime Fandiño Alonso
05/02/2016
«A presente tese analiza a evolución tecnolóxica da Televisión de Galicia (TVG) desde a posta en marcha das primeiras emisións en 1985 ata o ano 2012, no que se inaugura o que poderiamos considerar a primeira dixitalización MAM desta empresa na Delegación Provincial de Lugo da televisión pública autonómica de…
Música popular e sociedade no val do ulla de 1920 a 1936: Unha visión analítica dende a prensa comarcal
Henrique Neira Pereira
Dr. Xaime Fandiño Alonso
04/02/2016
O obxectivo desta tese foi estudar como se reflicte nas cabeceiras da prenca da comarca galega d’O Val do Ulla a información sobre a música popular no período de 1920 a 1936. A hipótese da que partimos é que o estudo destas publicacións periódicas permite mostrar a evolución dos gustos…
A verbena (en)cuberta. As actuacións musicais en salas con programación periódica a través da prensa local de Vigo. (Novembro 1975-Agosto 1990)
Zósimo López Pena
Dr. Xaime Fandiño Alonso
01/02/2016
O obxectivo desta tese doutoral céntrase no estudo e a análise da industria da música popular en directo en locais con programación periódica na área de Vigo, para o cal se realizará unha foto fixa a través da prensa diaria local comprendida entre novembro 1975 e agosto 1990. O tema…
Do amateur ao militante: implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos 70
Xan Gómez Viñas
Dra. Margarita Ledo Andión
18/12/2015
O cinema, cómplice e testemuña dos procesos históricos, adoita dar pasos de xigante en tempos de fractura. Na Galiza do tardofranquismo, nun clima de fonda axitación política e cultural, agroman novas expresións fílmicas que, botando man de formatos de gravación non profesional, acuñan por vez primeira o termo “cinema galego”.…
A construción do personaxe esférico no relato televisivo de ficción seriada: o caso House M.D.
Natalia Alonso Ramos
Dr. Enrique Castelló Mayo
14/06/2013
A presente tese de doutoramento alberga como obxectivo primordial a análise da construción do personaxe protagonista e habitual, a través da arquitectura episódica, do relato televisivo de ficción denominado ‘serie dramática’. De xeito máis específico, esta investigación constitúe un estudo de caso xa que se centra nun dos produtos máis…
Neuromarketing y seguridad vial: evaluación de la respuesta emocional ante anuncios televisivos de divulgación de la seguridad vial mediante software AFECT, Cued Review y test de recuerdo.
Raquel Freire Cobo
Dr. Enrique Castelló Mayo e Julián Carlos Flores González
13/11/2013
Desde os seus inicios, o marketing orientouse ao estudo dos efectos da publicidade, ao profundar no coñecemento  da nosa forma de actuar e á demostración de que as compras se efectúan desde un punto de vista emocional e se xustifican posteriormente de forma racional. Neste senso, un dos elementos máis…
Produción de efectos visuais e técnicas de composición dixital no contexto cinematográfico español. Análise e influencia da dixitalización dos procesos produtivos
Oswaldo García Crespo
Dr. Jaime Francisco Fandiño Alonso
03/12/2012
O traballo de investigación céntrase nos fluxos de traballo que teñen lugar na creación dun filme, que son analizados desde a perspectiva da produción de efectos visuais e as técnicas de composición dixital como parte fundamental da fase de postproducción. O marcado compoñente tecnolóxico deste traballo ven determinado pola propia…
Ergonomía da palabra
Jorge Vitor Estrela Ribeiro de Melo
Dr. Xosé Soengas Pérez
20/07/2012
Ergonomía da palabra é a adaptación da forma da palabra á función en causa. Enténdese entón a forma como aspecto visual ou mental e a función como sendo o obxectivo da mensaxe que se pretende transmitir. Preténdese así probar non só a utilidade do tema desta investigación no desenvolvemento da…
La mediatización intercultural del espacio social: un análisis comparativo de los contenidos informativos brasileños y españoles
Amanda Paz Alencar
Dr. Enrique Castelló Mayo
29/02/2012
A presente Tese Doutoral ten por obxecto o estudo da Mediatización Intercultural do Espazo Social nos Contidos Informativos, a través da análise comparativa dos telediarios brasileiros e españois, “Jornal Nacional, SBT Brasil, Telediario 2 e Noticias 2”. Dividimos dita investigación en sete capítulos: o primeiro, dedicado á exposición metodolóxica que…
Aspectos documentales del cine mexicano de ficción. Décadas 1940-2010
María del Carmen Quiroga Echevarría
Dra. Margarita Ledo Andión
23/09/2011
A partir do traballo de investigación que se levou a cabo dentro deste programa doutoral para a obtención do D.E.A. titulado “Inicios del Documental en México con Fines didácticos” no que se traballou desde a chegada do cinema a México até os anos trinta, encontrouse unha cuestión que foi motivo…
Creación de identidad de marca en contenidos televisivos: aplicabilidad de modelos teóricos a los formatos de entretenimiento en televisión
Alberto Dafonte Gómez
Dr. Jaime Francisco Fandiño Alonso
08/10/2010
A televisión, como calquera outra industria cultural, responde a unha dobre natureza: por unha parte é un medio de comunicación con posibilidades de desenvolver contido artísticos, por outra é un negocio que, baixo distintos modelos, busca a consecución de beneficios económicos. A pesar desta condición non é frecuente na investigación…
O tratamento dos sucesos nos informativos diarios de A3, T5, TVG e TVE no ano 2003: A oferta que recibe o telespectador galego
Raúl Luis Quián Pérez
Dr. Xosé Soengas Pérez
01/10/2010
Os sucesos están moi ligados ao xornalismo. Primeiro coa prensa e logo co xornalismo radiofónico, audiovisual e, na actualidade, co xornalismo cibernético a través da Internet. En tódolos soportes e linguaxes informativas os sucesos conforman unha área de noticias importante. As noticias de sucesos que estudamos no presente traballo foron…
Televisión e cultura: Os programas culturais da Televisión de Galicia (1985-2005)
María José López Hidalgo
Dr. Enrique Castelló Mayo
23/06/2010
Inscrita no eido da comunicación e a súa relación coa cultura, a tese cuantifica e analiza os programas culturais (entendida a cultura como “alta cultura”) da Televisión de Galicia durante os seus primeiros vinte anos de andaina (1985-2005). Despois de referir os antecedentes e o estado actual do tema, así…
A Lógica das Imagens: Viagem pelo(s) Documentário(s)
Jorge Manuel Costa Campos
Dra. Margarita Ledo Andión
26/02/2009
A investigación sitúase no campos dos estudos do Documental (Documenty Studies), e recupera un dos ámbitos de referencia, o documental para a Televisión, para a historia do cinema do real, analizando as aportacións deste xénero tanto desde o punto de vista narrrativo e dos efectos sociais do mesmo, como desde…
Adaptaciones cinematográficas en la década de los 40 de las novelas de Fernández Flórez ambientadas en Galicia
Héctor Paz Otero
Dra. Carmen Becerra Suárez e Dr. José Luis Castro de Paz
14/05/2008
A Tesedesenvolve unha análise de catro novelas escritas por Fernández Flórez (Huella de luz, El fantasma, La casa de la lluvia, Ha entrado un ladrón) e as súas respectivas adaptacións cinematográficas,realizadas durante a década dos corenta. o estudo busca contextualizar nun parámetro concreto (o cinema español dos corenta) uns trazos…
A fotografía na revista VIDA GALLEGA. Un silandeiro universo de sentido
Roberto Ribao Fernández
Dra. Margarita Ledo Andión
03/10/2007
Até os inicios da época dourada do fotoxornalismo (a partir dos anos trinta do século XX), a fotografía de prensa veu sendo historicamente concibida, ben como apoio ilustrador dos textos, ben como atractivo visual que procura sensacionalismo e espectacularización, ou ben como ferramenta que posibilita a conversión do xornalismo doctrinario…
La construcción del Derbi Futbolístico Real Madrid CF-F.C Barcelona en el discurso periodístico de El País, y la Vanguardia entre 1996 y 2004
Antonio Isasi Varela
Dr. Xosé Soengas Pérez
18/12/2006
Nesta investigación realizamos tres aportacións orixinais: a) a resolución do problema de investigación enunciado no título da tese; b) a definición do concepto de Información Periodística Especializada en Deporte (IPED), entendida como contexto teórico do problema de investigación, e c) o desenvolvemento, mediante a base teórica que ofrece a IPED…
O sector audiovisual e a sociedade da información en Galicia. Situación e prespectivas
José Pereira Fariña
Dra. Margarita Ledo Andión
22/05/2006
Esta tese de doutoramento está motivada pola necesidade de coñecer a implicación da primeira industria cultural de Galicia, o audiovisual, cos patróns definitorios da Sociedade da Información. O traballo divídese en dúas partes. Na primeira delas, o autor crea un sistema de indicadores que permiten medir a implicación de cualquera…
A obra fotográfica dos Pacheco no período 1909-1936 a través de dúas publicacións viguesas “El Pueblo Gallego” e “Vida Gallega”
Vítor Vaqueiro Foxo
Dra. Margarita Ledo Andión
06/06/2003
La reconversión tecnológica y empresarial en un período consolidado: El caso de “La Vanguardia”
Carles Castro Sanz
Dra. Margarita Ledo Andión e Dr. Jose Luis Riva Amella
28/05/2002
Esta tese intenta aproximarse aos cambios e aos factores de viabilidade da prensa durante o período comprendido entre 1970 e 1990, a través do estudo dun caso concreto, o do diario “La Vanguardia” de Barcelona, que constitúe un paradigma dos periódicos da modernidade. Estes periódicos, xeralmente centenarios, presentaban cara a…
Acçao psicológica a través dos Mass Media: (des)montagem de um processo de comunicaçao encoberta dirigida especialmente a um receptor-perspectivas semiótica, psicossociológica, ético-deontológica e jurídica
Jorge Paulo Monteiro de Marinho
Dr. Xosé Soengas Pérez e Dr. Salvato Vila Verde Pires Trigo
08/03/2002
A educación no limiar do século XXI: a escala global -análise das problemáticas da galaxia audiovisual e das novas tecnoloxías da informaçao e da comunicaçao
Aníbal José Ribeiro de Oliveira
Dr. Xosé Soengas Pérez
25/01/2002
Os informativos diarios nas televisións locais de Galicia. A información televisiva no espacio local
Ana Isabel Rodríguez Vázquez
Dr. Xosé Soengas Pérez
03/11/2000
Como primeiro estudo que se realiza na Universidade de Santiago de Compostela sobre a televisión local en Galicia e, máis concretamente, sobre os informativos diarios nestas pequenas emisoras, esta investigación comeza cun capítulo de introdución onde se aporta unha definición propia de televisión local aplicable ao panorama audiovisual galego, para…
Os contidos dos espacios informativos de circuito na radio en Galicia
Manuel Rodríguez Fernández
Dr. Xosé Soengas Pérez
03/11/2000
O obxectivo desta tese é o estudo dos espazos informativos de alcance galego que os distintos medios radiofónicos emitían durante os anos 1966-1997 para o conxunto da comunidade autónoma galega. Os espazos analizados corresponden a todos os medios que en dito bienio realizaban este tipo de informativos: RNE en Galicia,…
Luis Seoane e os Media. A documentación xornalística como fonte de información para o estudio da recepción da imaxe
Mª Antonia Pérez Rodríguez
Dra. Margarita Ledo Andión
02/11/2000
Estúdase o labor creativo e xornalístico de Luís Seoane, desde 1929 a 1979. Tómase como fonte de información o escrito na prensa de sete países americanos e de cinco europeos e tivéronse en conta opinións emitidas polo artista a través do seu programa radiofónico e as súas declaracións. Séguese a…
La función ilustrativa de la fotografía en la prensa
José Baeza Gallur
Dra. Margarita Ledo Andión
14/12/1999
Demóstrase a vinculación entre o desenvolvemento da fotografía con fins ilustrativos na prensa e o desenvolvemento do xornalismo de sevizos e a evolución dos modelos físicos da prensa cara á suplementización e o arrevistamento. Focalízanse as influencias da fotografía como arte e da fotografía publicitaria na configuración dos estilos fotoilustrativos…
A importancia das Ciências da Informaçâo numa civilizaçâo mediática
Mario José Ferreira Pinto
Dr. Xosé Soengas Pérez
14/05/1998
Partindo dunha reflexión sobre a linguaxe usada nos medios de comunicación social preténdese demostrar como é importante a consecución dunha xenuina información, unha linguaxe clara , concisa, corrente, e de aí a importancia do estudo das ciencias da información a un nivel máis alongado da Gramática da Comunicación. Na primeira…
La infraestructura tecnológica en los informativos de TV. En Galicia: usos y aplicaciones en la realización de los informativos diarios
Mª Del Carmen Varela Rodríguez
Dr. Xosé Soengas Pérez
08/05/1998
Neste traballo de investigación analízase a utilización que os equipos de realización do Departamento de informativos de Televisión de Galicia fan da tecnoloxía destinada a sacar ao aire os seus informativos de emisión diaria. O ano seleccionado para facer este estudo foi 1995, xa que foi aquí cando por primeira…
Prensa e identidade na sociedade. Estratexias e funcións dos xornais no sistema galego de comunicación
Luis Álvarez Pousa
Dra. Margarita Ledo Andión
01/01/1998
Constata o potencial estratéxico dos medios de comunicación, da prensa escrita en particular, nesta fin de século, cando se experimentan cambios e transformacións derivadas dun contraditorio proceso no que coexisten o espazo de fluxos, os movementos propios da globalización, por unha parte, e o espazo de lugares, ou a emerxencia…
Fotojornalismo Performativo. O serviço de fotonoticia da agencia lusa de informaçao
Jorge Pedro Almeida Silva e Sousa
Dra. Margarita Ledo Andión
01/01/1998
A tese investiga o fotoxornalismo, unha actividade pouco estudada a pesar do papel relevante que cumpre no campo dos media, desde a perspectiva do Newsmaking, aspectos profesionais e discursivos do fotoxornalismo a partir dunha ampla contextualización histórica e desde parámetros específicos das Ciencias da Comunicación. Proba que unha organización de…
A reconversión da prensa en Galicia 1982-1992
Francisco Campos Freire
Dra. Margarita Ledo Andión e Dr. Xosé Ramón Barreiro Fernández
07/06/1994
O papel das publicacións locais na Galicia de fin de século 1990-1993
Xosé López García
Dra. Margarita Ledo Andión
01/01/1994
Traballos de investigación
Galicia 1936-2011.
Estudos sobre o filme de Carlos Velo

En decembro de 2010, o profesor ruso Vladimir Magidov visita a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e porta canda si unha lata de celuloide con 16 novos minutos dos materiais rodados por Carlos Velo para o seu filme «Galicia-Finisterre 1936». A recuperación destes fondos perdidos permite a Margarita…
Congresos
Cinema e Crise no Mediterráneo
Panel de comunicacións "Cine e Crisis: o cinema en linguas non hexemónicas como síntoma"
O equipo investigador do proxecto de I+D+i “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (AEI, ref. CSO2016-76014-R) participa cun panel no Congreso “Cine e Crise no Mediterráneo” que se celebra na Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació da Universitat de València, do 22 ao 26…
XIII Congreso Internacional LUSOCOM
28/11/2018
Despois da Cidade de Praia, Cabo Verde, en outubro de 2016, este encontro terá como tema específico “Comunicación e información para o desenvolvemento”. Baixo este lema, búscase congregar docentes e investigadoras/es de Ciencias da Comunicación para identificar campos de interese comúns, subliñar singularidades e idiossincrasias e explotar eficazmente camiños de…
XESCOM 2019
25/04/2019
Dende 2015, XESCOM organiza un simposio internacional para promover o encontro entre investigadores da área da comunicación e outras áreas relacionadas. A primeira edición (2015)desenvolveuse na cidade de Pontevedra, España; a cidade de Quito, en Ecuador, recibiu a segunda edición (2016); o terceiro simposio (2018) desenvolveuse na Coruña, España; e…
VIII Congreso de LUSOCOM
14/04/2009
O VIII Congreso de LUSOCOM, Comunicação, Espaço Global e Lusofonia, celebrouse na cidade de Lisboa e foi presidido pola profesora Margarita Ledo Andión, coordinadora do grupo de Estudos Audiovisuais. O evento desenvolveuse na Escola de Comunicación, Artes e Tecnoloxías da Información da Universidade Lusófona, que acolleu de xeito simultáneo o…
VII Congreso de Lusocom
24/04/2006
Santiago de Compostela acolleu a sétima edición do Congreso Internacional de Comunicación Lusófona (LUSOCOM, na Escola de Comunicação, Artes e Tecnologia da Informação da Universidade Lusófona, en Lisboa. Este VII Congreso Internacional de Comunicación Lusófona versou sobre o espazo da lusofonía no mundo e cuestións relacionadas coa comunicación, a cultura…
Galicia pola radio. Desde os anos trinta á actualidade
06/11/2008
A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolleu o congreso Galicia pola radio. Desde os anos trinta á actualidade, que repasou a historia deste medio en Galicia, no momento en que se celebran tres cuartos de século de emisións radiofónicas no país. O congreso centrouse principalmente na radio de…
I+C Investigar a Comunicación
Congreso Internacional Fundacional de AE-IC
30/01/2008
I+C Investigar a Comunicación foi o tema central do Congreso Internacional Fundacional da Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC), que reuniu en Santiago de Compostela a medio millar de investigadoras e investigadores. Destacados persoeiros do ámbito académico e científico e 365 participantes procedentes de 25 países fundamentalmente do…
Quince anos de Ciencias da Comunicación en Galicia
20/11/2006
A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC celebrou o congreso 15 anos de Ciencias da Comunicación en Galicia. Prensa, foto, cine, radio, televisión e internet (2006), dirixido polos profesores Xosé López, Xosé Soengas e Miguel Túñez. O encontro foi inaugurado cun acto oficial no que participaron as primeiras autoridades…
Comunicación audiovisual: investigación e formación universitarias. II coloquio Brasil-Estado español Ciencias Comunicación
23/11/1998
A finalidade de organización deste evento consistiu en afondar as relacións entre a formación universitaria e a investigación, segundo a perspectiva do espazo da comunicación audiovisual en específico e localizar as diferenzas entre as ofertas dos centros de capacitación profesional e de outras entidades que orientan as pesquisas baixo obxectivos…
Simposio: Finlandia, Galiza, Gales. Os retos dos pequenos cinemas en linguas minorizadas
A consideración das nacións como espazos comunicativos, e do cinema en versión orixinal como ferramenta inequívoca para a construción da diversidade cultural europea serven de punto de partida para este simposio no que o debate xira arredor das barreiras dos cinemas minorizados para facerse visibles. Abórdanse, asemade, as políticas da…
Ibercom 2013
As implicacións entre os axentes da comunicación, a pesquisa e a transferencia social de resultados no ámbito da formación, para a solución a problemas ou como iniciativas novas de seu, lévannos cara a necesidade de establecer unha sorte de estado xeral dos obxectos contemporáneos de investigación, das experiencias de traballo…
Foro Internacional Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas Audiencias
Traer para o debate e pór en relación todas as variábeis que poidan contribuír á construción de novas audiencias é o obxectivo deste foro de expertos e expertas de varios países e do medio profesional, académico e creativo. A diferenza, neste caso, establécese arredor das pequenas nacións como espazos comunicativos,…
Foro Internacional ‘As Linguas e o Cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’
21/10/2018
‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’ (AEI, ref. CSO2016-76014-R)
No marco do proxecto ‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’ (AEI, ref. CSO2016-76014-R), o presente foro reúne a investigadoras e investigadores do cinema e a tradución audiovisual na contorna europea co obxectivo de formular indicadores cara unha política harmónica de subtitulado da…
Seminario
Chantal Akerman. Cineasta de culto, muller e transgresora
Seminario de Verán
Este seminario propón un percorrido biofilmográfico que ubica a súa cinematografía na converxencia do feminismo cos novos cinemas europeos e co cinema experimental americano. Ao tempo, destaca a multidisciplinariedade da autora e, especialmente, a viaxe da súa obra dende pantalla grande ás videoinstalacións en espazos tradicionalmente reservados ás artes plásticas.…
Cara o Espazo Dixital Europeo. O rol das pequenas cinematografías en v.o.
A necesidade de renomear o cinema europeo -identificado como cinema nacional ou cinema de autor- pode ser interpretada como o síntoma dun acto de resistencia que anticipa un novo paradigma. Da “excepción cultural” (1994) á diversidade, que constitúe a pedra angular do programa Europa Creativa (2014), o cinema en linguas…
CO(M)XÉNERO
Seminario Permanente de Comunicación e xénero
A persistencia do discurso androcéntrico nos contidos, a liña editorial e as estruturas organizacionais dos medios de comunicación actuais reflicte e perpetúa unha sociedade asimétrica e disfuncional que silencia e incapacita os posicionamentos diverxentes. Pór fin a esta dinámica invalidante pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no…
© 2024 Estudos Audiovisuais