Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Comeza o período de análise no proxecto “Cine, diversidade e redes”

06/04/2011

A pesquisa do Grupo de Estudos Audiovisuais, “Cine, diversidade e redes”, entra na súa fase decisiva de análise das mostras, coa entrada na investigación dos grupos receptores de Arxentina, Uruguai e Brasil. O proxecto estuda a recepción de filmes galegos en países con comunidades galegas de emigrantes con dereito a voto.

Logo de máis dun ano de preparación da plataforma en liña, conformación dos grupos de recepción, e pre-test dos distintos apartados que compoñen a súa intranet específica, o proxecto Cine, Diversidade e Redes entra na súa fase determinante. A pesquisa, financiada polo Ministerio de Ciencia e Innovación a través do Plan Nacional I+D+i, conta coa participación de 6 grupos de recepción sitos en Latinoamérica que inician neste mes de abril o proceso de análise das motras do cinema galego propostas dende o Grupo de Estudos Audiovisuais.

Fan parte do proxecto a Pontificial Universidade Católica do Rio Grande do Sul (PUCRS), o Instituto Universitario Nacional da Arte (IUNA), a Universidade Nacional de Quilmes (UNQ), a Universidade da República de Uruguai (UDELAR), o Patronato da Cultura Galega de Uruguai e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina.

O proxecto Cine, diversidade e redes, ten como finalidade coñecer e analizar a recepción de produtos cinematográficos galegos, a partir de determinadas variábeis tecnolóxicas que afectan aos novos modos de circulación da produción cinematográfica e audiovisual, naqueles países onde existen comunidades emigrantes que se significan pola súa condición de cidadáns con dereito a voto en ambos países e que, nesa mesma medida, constitúense en targets, ou obxectivos prospectivos de interese, especialmente en Arxentina, Brasil ou Uruguai.

Dende o punto de vista metodolóxico, o proxecto está baseado na análise dos fluxos de produtos cinematográficos do período 2003-2008 e as súas interaccións lóxico-cognitivas cos universos de recepción. A mostra, de carácter representativo, vai vai permitir unha detección das principais barreiras e motivacións que existen na comprensión e aceptación da produción cinematográfica galega nos obxectivos prospectivos de interese, así como constatar a implementación nos devanditos contidos de valores axiolóxicos (a partir das listaxes consideradas pola Comisión Europea) e determinar a influenza de variábeis formais e lingüísticas na percepción dos mesmos.

Búscase, por tanto, a satisfacción dunha dobre necesidade: unha de carácter económico e industrial, coadxuvante da apertura de novos mercados e modelos de distribución baseados na innovación tecnolóxica, e unha segunda, de carácter social, orientada á determinación daqueles codificadores culturais que faciliten a aceptación de contidos cinematográficos destinados a comunidades que, aínda xeograficamente dispersas, defínense por elementos identitarios como a lingua.

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais