Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O XIII Congreso da AEHC acolle a presentación do «Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo»

28/03/2011

Do 10 ao 12 de marzo de 2011 a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC converteuse en sede o XIII Congreso da Asociación de Historiadores do Cinema. Baixo o título Aurora e melancolía,  a edición centrouse no cinema realizado durante a II República (1931-1939) e  foi co-organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais,  a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e a Xunta de Galicia.

No marco do evento, a investigadora do GEA,  Margarita Ledo Andión, presentou xunto a Ramiro Ledo Cordeiro e Pablo Cayuela os resultados da investigación “Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo”, un proxecto que, a partir da recuperación en 2010 de 16 novos minutos do material rodado por Carlos Velo para o filme Galicia -Finisterre 1936, combina a análise teórica coa montaxe cinematográfica para ofrecer unha reconstrución da peza do cineasta de Cartelled de 22 minutos de duración . Na noite do xoves 10 de marzo, o Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación acolleu a proxección en primicia da reconstrución da obra fundacional do cinema galego do que ata agora só se conservaban 8 minutos de duración. O venres 11 de marzo á tarde, o equipo investigador presentou o proceso de pesquisa e os resultados do proxecto.

Tanto o documento como o vídeo final na investigación poden ser consultados en liña.

Ledo Andión, M; Ledo Cordeiro, R. & Cayuela, P. (2011)- Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo. Santiago de Compostela: USC, Grupo de Estudos Audiovisuais. 

“O seguinte texto expón as conclusións tiradas da análise comparada das tres fontes existentes arestora de Galicia (Carlos Velo, 1936):

GALICIA 8 MIN.: a única copia conservada até o de agora, proxectada nas XoCiViGa d’O Carballiño de 1985. (8’07’’)

ISPANIJA: filme realizado no ano 1939 pola directora soviética Esfir Shub, montado a partir de imaxes de diversas procedencias, e no que se atopan parte das imaxes rodadas por Velo para Galicia.

BOBINAS: material depositado no CGAI en decembro de 2010 polo profesor Vladimir Magidov. As tres primeiras bobinas, que analizando as colas fotograma a fotograma se corresponden cos números 13694, 13696 e 13697, conteñen 16 minutos de Galicia. É a estas ás que nos referiremos. Sen son”

 

Estudos sobre o filme de Carlos Velo

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo
Data de inicio: 01/12/2010Data de fin: 31/01/2012I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión , Ramiro Ledo Cordeiro; Pablo Cayuela
En decembro de 2010, o profesor ruso Vladimir Magidov visita a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e porta canda si unha lata de celuloide con 16 novos minutos dos materiais rodados por Carlos Velo para o seu filme «Galicia-Finisterre 1936». A recuperación destes fondos perdidos permite a Margarita Ledo Andión, Ramiro Ledo Cordeiro e Pablo Cayuela afondar no coñecemento do filme e desenvolver unha aproximación teórico-fílmica que pasa pola catalogación dos novos materiais e a posta en relación cos que se coñecían até daquela para, a partir das entrevistas existentes do director, corcoser unha proposta de montaxe do que tería sido o filme orixinal. O texto a peza visual froito deste traballo foron presentados en marzo de 2011 no XIII Congreso da Asociación Española de Historiadores del Cine: Aurora e melancolía. O cine español durante a II República (1931-1939)' e no Cineclube de Compostela en xaneiro de 2012.
Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais