Archivo
"Etiqueta: Políticas de comunicación e cultura"
“O mundo en 2023: Anatomía dunha policrise” por Ignacio Ramonet
Este seminario ambiciona explicar e clarificar a actual ecuación xeopolítica mundial nas súas diversas arestas.

A pandemia de Covid-19, durante case tres anos (2020 a 2022) fixo estarrecer o planeta. Cun saldo humano abraiante de nove millóns de mortos, máis de mil millóns de doentes, cando se encomezaba a albiscar unha saída do túnel pandémico, en febreiro de 2022, estalou a guerra de Ucraína… Un…
Soliña Barreiro (GEA) intervirá no debate sobre a pluralidade lingüística no sector audiovisual galego no Parlamento Europeo

Barreiro, intervirá en representación do Grupo de Estudos audiovisuais (GEA) da USC, no debate previsto o 20 de abril de 2023 no que tamén participarán Marcos Maceira, presidente da Mesa Galega pola Normalización Lingüística e Xosé Lois Ledo Andión, vicepresidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). O debate servirá…
XII edición do Día Mundial da Radio na Facultade de Ciencias da Comunicación
A.C.P Ponte…nas ondas! organiza este 13 de febreiro entre a Fac. de Comunicación da USC e a Reitoría da Universidade de Vigo

O Consello Executivo da UNESCO recomendou á Conferencia Xeral  no ano 2011, que se proclamase como Día Mundial da Radio o 13 de febreiro, atendendo a unha proposta da Delegación de España nese organismo. Dado que a asociación A.C.P Ponte…nas ondas! leva traballando no mundo da radio, na súa vertente…
Perante a nova Lei do Audiovisual: Análise e perspectivas
O Grupo de Estudos Audiovisuais da USC organiza estas xornadas e colaboración coa Mesa Pola Normalización Lingüística

Analizar as repercusión da nova Lei do Audiovisual no tecido cinematográfico e audiovisual galego dende a óptica cultural, lingüística e económica é o obxectivo da xornada 'Perante a nova Lei do Audiovisual' que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística.  O xoves 15 de…
12ª edición do congreso internacional Small Cinemas
Do celuloide ao streaming: conservación e circulación dos pequenos cinemas

O fluxo da globalización renovou o debate sobre as desigualdades centro-periferia. A irrupción das novas tecnoloxías para distribuír, consumir e arquivar cine supón un desafío para os pequenos cines que xa loitan por un lugar nos locais e eventos de proxección tradicionais. Os pequenos produtos cinematográficos forman agora parte dos…
Respuesta de la doctora Margarita Ledo Andión
Homenajes del VII Congreso Internacional de la AE-IC
En Momentos estelares da humanidade, Stefan Zweig elabora catorce miniaturas entre as cais A disputa do Polo Sur. Capitán Scott, 90 graos de latitude, 16 de xaneiro de 1912. Incorporabámonos naquela expedición cara a Antártida, pensada para ser a primeira na historia. Perto, moi perto de acadar o seu obxectivo,…
Barriers and opportunities for cinema distribution in European minority languages. The case of O que arde in the Digital Single Market
As barreiras que existen para a distribución do cinema europeo –problemas coa distribución internacional e as diferentes prácticas de tradución audiovisual– teñen un forte impacto nos filmes producidos nas linguas minoritarias europeas, o que provoca que lles sexa difícil competir con producións de maior escala. Aínda que as linguas minoritarias…
Margarita Ledo Andión recibe a «homenaxe a toda unha vida de investigación en comunicación»

A Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC) rende homenaxe neste 2020 a Margarita Ledo Andión, catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, grupo de referencia competitiva do Sistema Universitario Galego. Margarita Ledo Andión é a…
Found in Translation: Film Festivals, Documentary and the Preservation of Linguistic Diversity
Este capítulo de Antía López Gómez, Aida Vallejo, Mª Soliña Barreiro e Amanda Paz Alencar aproxímase ao xénero documental como escenario dende o que enriquecer a investigación sobre cinema en linguas minorizadas. En oposición á imposición artificial de prácticas de dobraxe que moitas veces se dá no ámbito da ficción,…
© 2024 Estudos Audiovisuais