Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O I+D+i sobre o cinema español posbélico rescata dous guións inéditos sobre Volvoreta, de W. Fernández Flórez

23/01/2015

As indagacións levadas a cabo polos investigadores do Proxecto I+D+i Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España) permiten sacar á luz o até agora descoñecido guión dun proxecto cinematográfico frustrado consistente na adaptación da novela Volvoreta de Wenceslao Fernández Flórez, que ía ser dirixido a mediados dos anos sesenta por Francisco Regueiro, cineasta sobre o que recentemente se publicou un amplo volume coordinado desde o Proxecto. Por outra banda, en colaboración coa Universidade de Lyon, onde o Grupo Estudos Audiovisuais participou en outubro do pasado ano na organización da Xornada Wenceslao Fernández Flórez: Cinéma et Littérature, vinculada igualmente ao Proxecto, dase a coñecer tamén o guión correspondente a outra tentativa de adaptar a mesma obra, neste caso a cargo de Rafael Moreno Alba.
Volvoreta sería levada ao cine por José Antonio Nieves Conde na súa película homónima de 1976, pero a existencia destas dúas tentativas resulta sumamente relevante, ao volver a poñer de manifesto, unha vez máis, a intensa relación entre a obra do escritor coruñés e o cinema español, sendo un dos autores predilectos no eido das adaptaciones literarias. Desde o seo do Proxecto traballamos actualmente nunha análisis en profundidade destes textos, que difundiremos proximamente nun estudo monográfico dedicado a este novo material.
A todo isto hai que engadir a análise e divulgación que estamos a realizar da película Tragedia muy muy íntima, unha descoñecida curtametraxe realizada en 1951 por José María Zabalza como memoria de prácticas do Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas, sobre unha idea orixinal de Wenceslao Fernández Flórez.
Xunto ao rigoroso estudo da influencia da literatura fernándezflorezca na configuración dos singulares modelos de estilización do cinema español das dúas primerias décadas posbélicas, o feito de dar a coñecer todo este destacado material inédito supón unha consecución de gran alcance das investigacións abordadas desde o Proxecto de Investigación.

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais