Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Escola Crítica de Investigación en Comunicación para Doutorand@s. Inscríbete!

03/07/2014

A Asociación Española de Investigadores da Comunicación e a Universidade do País Vasco organizan do 22 ao 25 de setembro de 2014 un curso de verán para doutorandos con fin de promover e potenciar a reflexión e o debate aberto e participativo sobre cuestións estratéxicas no actual contexto da comunicación e facilitar a cooperación e a creación de redes de intercambio de información entre estudantes desta área. A Escola, planificada como un espazo de encontro entre profesorado e investigadoras/es consolidadas/es cos estudantes de doutoramento, procura que estes teñan a oportunidade de recibir orientacións sobre o desenvolvemento metodolóxico das súas investigacións de maneira aplicada e persoal.

Dirección:
Carmen Peñafiel Saiz: carmen.penafiel@ehu.es
Ramón Zallo: ramon.zallo@ehu.es

Inscrición e matrícula
Nº de prazas: 24
O prazo de inscrición estará aberto ate o 10 de xullo.
O prazo de matriculación estará aberto do 12 ao 20 de xullo.
O prezo da matrícula será de 70 euros.
Bolsas: AE-IC e UPV/EHU outorgará unha bolsa a todas as persoas que se matriculen.
6 bolsas alumnado Euskal Herria: 150 euros.
14 bolsas alumnado Estado español: 300 euros.
4 bolsas internacionais: 400 euros.

A organización promove dúas actividades culturais paralelas ao Curso: entradas gratuitas ao Museo Guggenheim e un paseo en barco pola ría de Bilbao para coñecer a historia de ambas marxes do Nervión, o período de industrialización e a etapa de transformación actual.

Programa e inscrición

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais