Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Cine, diversidade e redes

O proxecto Cine, diversidade e redes, ten como finalidade coñecer e analizar a recepción de produtos cinematográficos galegos, a partir de determinadas variábeis tecnolóxicas que afectan aos novos modos de circulación da produción cinematográfica e audiovisual, naqueles países onde existen comunidades emigrantes que se significan pola súa condición de cidadáns con dereito a voto en ambos países e que, nesa mesma medida, constitúense en targets, ou obxectivos prospectivos de interese, especialmente en Arxentina, Brasil ou Uruguai.

Dende o punto de vista metodolóxico, o proxecto está baseado na análise dos fluxos de produtos cinematográficos do período 2003-2008 e as súas interaccións lóxico-cognitivas cos universos de recepción. A mostra, de carácter representativo, vai vai permitir unha detección das principais barreiras e motivacións que existen na comprensión e aceptación da produción cinematográfica galega nos obxectivos prospectivos de interese, así como constatar a implementación nos devanditos contidos de valores axiolóxicos (a partir das listaxes consideradas pola Comisión Europea) e determinar a influenza de variábeis formais e lingüísticas na percepción dos mesmos.

Búscase, por tanto, a satisfacción dunha dobre necesidade: unha de carácter económico e industrial, coadxuvante da apertura de novos mercados e modelos de distribución baseados na innovación tecnolóxica, e unha segunda, de carácter social, orientada á determinación daqueles codificadores culturais que faciliten a aceptación de contidos cinematográficos destinados a comunidades que, aínda xeograficamente dispersas, defínense por elementos identitarios como a lingua.

Entidad financiadora: Ministerio de Innovación. Plan Nacional de I+D+iFecha de inicio: 31/12/2010Fecha de fin: 31/12/2012I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Antía López Gómez Enrique Castelló Mayo Ana Isabel Rodríguez Vázquez Marta Pérez Pereiro , Xosé Soengas Pérez, Xan Gómez Viñas, Silvia Roca Baamonde, Xosé Pereira Fariña (colab.) e Francisco Campos Freire (colab.) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Instituto Universitario Nacional del Arte (Arxentina), Universidad Nacional de Quilmes (Arxentina), Pontifícia Universidade Católica de Río Grande do Sul (Brasil), Universidad de la República de Uruguay (Uruguai), Museo de la Emigración Gallega de Argentina (Argentina) Patronato da Cultura Galega (Uruguai)
PUBLICACIONES RELACIONADAS
As pasaxes múltiples: apuntamentos sobre as relacións de investigación da Galiza co espazo Iberoamericano
2017 Cenários Comunicacionais: Entre as Sociedades Industriais e as Emergentes.
La intersección entre los dos ámbitos que esta obra colectiva denomina “Mundo Iberoamericano”, el ámbito lusófono y el hispanófono, fue uno de los princpios que orientaron el desarrollo de líneas significativas y programas de investigación en el marco de la Universidad de Santiago de Compostela, USC, en colaboración estrecha con…
Galicia en V.O. El cine militante y el lugar de Llorenç Soler en la construcción del cine gallego contemporáneo
2012 Llorenç Soler. La mirada comprometida
Entre 1976 y 1978 Llorenç Soler rueda en Galicia cuatro mediometrajes que se convierten en referencia del cine militante, del cine en lengua gallega y de la signatura del propio cineasta. El paisaje del cinematógrafo de los años 70 en Galicia; los textos, los recuerdos, la descripción que el autor…
© 2018 Estudos Audiovisuais