O Grupo de Estudos Audiovisuais subiu a Vimeo dúas novas entrevistas realizadas a expertos no marco do proxecto eDCINEMA. Neste caso trátase de Guillermo Orozco e Luis Alfonso Albornoz. Guillermo Orozco é Catedrático de Ciencias da Comunicación na Universidade de Guadalajara (México). Luis Alfonso Albornoz é profesor do Departamento de Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Universidade Carlos III de Madrid e director do proxecto de I+D+I ‘Diversidad Audiovisual’ www.diversidadaudiovisual.org Nas entrevistas abordan temas relacionados co proxecto do GEA, como a estandarización de contidos, o efecto dos cambios tecnolóxicos ou as variantes lingüísticas, co obxecto de explorar a relación do cinema e as políticas da diversidade.
A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]
Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]
A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]