Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Entrevista a Julio Diamante nun DVD do I+D+i sobre o cinema español posbélico

15/08/2015

Vía Láctea Editorial acaba de editar o DVD Los que no fuimos a la guerra, de Wenceslao Fernández Flórez: de la novela al film. Entrevista con Julio Diamante, vinculado ao Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648. Mineco – Goberno de España), co apoio da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Trátase dunha extensa e fecunda entrevista co cineasta Julio Diamante, realizada en Bilbao no mes de decembro do pasado por José Luis Castro de Paz –Investigador Principal do Proxecto–, Santos Zunzunegui –membro do Equipo de Traballo– e Íñigo Larrauri –autor dunha recente tese de doutoramento sobre a obra de Diamante– na que ao longo duns setenta minutos o director ofrece importantes reflexións sobre a súa traxectoria cinematográfica, centrándose especialmente na súa destacada película Los que no fuimos a la guerra (1961), adaptación da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez.
Xunto á entrevista, preséntase no DVD unha filmografía completa do director, incluíndo fichas técnicas e información dos seus proxectos non realizados.

MÁIS NOVAS
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
Preséntase os resultados do proxecto “Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela”.
Trátase dunha iniciativa de Aprendizaxe-Servizo, na que o alumnado se converte en voluntario con capacidade para mellorar unha necesidade social da súa contorna
25/09/2018

Un podcast cultural sobre os cafés teatro de Compostela, un mapa sonoro da cidade, un percorrido fotográfico polos barrios ou pequenas pezas audiovisuais son algúns dos resultados do proxecto de innovación educativa ‘Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela’ que este mércores se presentarán na […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais