Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Galicia 1936-2011: Estudos sobre o filme de Carlos Velo

Ledo Andión, M; Ledo Cordeiro, R. & Cayuela, P. (2011)- Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo. Santiago de Compostela: USC, Grupo de Estudos Audiovisuais. 

Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo

Serie de 3 estudos sobre ‘Galicia’ (Carlos Velo, 1936), co gallo da aparición, en decembro de 2010, de novas bobinas con material perdido deste filme

Os estudos 1º e o 2º demostran a relación entre as 3 fontes existentes con imaxes de ‘Galicia’:

▪ ‘Galicia’, versión 8 min: a única copia conservada até o de agora, proxectada nas XoCiViGa d’O Carballiño de 1985 (8’07’’)
▪ ‘Ispanija’: filme realizado no ano 1939 pola directora soviética Esfir Shub, montado a partir de imaxes de diversas procedencias, e no que se atopan parte das imaxes rodadas por Velo para ‘Galicia’.
▪ Bobinas: material depositado no CGAI en decembro de 2010 polo profesor Vladimir Magidov. As tres primeiras bobinas, que analizando as colas fotograma a fotograma se corresponden cos números 13694, 13696 e 13697, conteñen 16 minutos de ‘Galicia’. Sen son.

O 3º estudo ensaia unha hipotética reconstrución baseada en indicios derivados da análise das transicións entre secuencias e máis en diversas declaracións do propio Carlos Velo sobre a estructura do filme.

 

Author: Margarita Ledo Andión , Ramiro Ledo Cordeiro, Pablo Cayuela Miguel Year: 2011Titulo: Galicia 1936-2011: Estudos sobre o filme de Carlos Velo Category: Book Others City: Santiago de CompostelaEditorial: Grupo de Estudos Audiovisuais
INVESTIGATION / LINKED FRAMEWORK
Galicia 1936-2011 Estudos sobre o filme de Carlos Velo
Start Date: 01/12/2010End Date: 31/01/2012I.P.: Margarita Ledo AndiónParticipating Researchers: Margarita Ledo Andión , Ramiro Ledo Cordeiro; Pablo Cayuela
En decembro de 2010, o profesor ruso Vladimir Magidov visita a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e porta canda si unha lata de celuloide con 16 novos minutos dos materiais rodados por Carlos Velo para o seu filme «Galicia-Finisterre 1936». A recuperación destes fondos perdidos permite a Margarita Ledo Andión, Ramiro Ledo Cordeiro e Pablo Cayuela afondar no coñecemento do filme e desenvolver unha aproximación teórico-fílmica que pasa pola catalogación dos novos materiais e a posta en relación cos que se coñecían até daquela para, a partir das entrevistas existentes do director, corcoser unha proposta de montaxe do que tería sido o filme orixinal. O texto a peza visual froito deste traballo foron presentados en marzo de 2011 no XIII Congreso da Asociación Española de Historiadores del Cine: Aurora e melancolía. O cine español durante a II República (1931-1939)' e no Cineclube de Compostela en xaneiro de 2012.
Keep reading
© 2024 Estudos Audiovisuais