Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Homenaxe á Agnès Varda

A cineasta da Nouvelle Vague falece en París aos 90 anos

29/03/2019

A modo de pequena homenaxe á ollada infinda e inesgotable de Agnés Varda, e como xeito de expresar o fondo pesar do Grupo de Estudos Audiovisuais polo seu pasamento, reproducimos acó a entrevista que Margarita Ledo Andión lle fixo en 1983 para La Voz de Galicia.

Descarga o orixinal impreso

Agnés Varda, para ver 

E o seu cine faino pensando no grande público, o meu cine non é difícil, pero é  diferente, fala dos Black Panters ou métese nun corto, «Ulises», o seu último  proxecto, que é, simplesmente, a análise dunha fotografía, unha fotografía familiar sacada aos dous días da derrota francesa en Diehm – Biehn – Fu, e Agnés Varda vai á palabra de aquel neno e de aquel home retratados vai para trinta anos e corrobora que a imaxe é máis forte que a memoria. Foi riese ano, o 54, cando a Varda pasóu de ser fotógrafa de Jean Vilar e do seu teatro nacional popular —no que estivo como actriz María Casares— e púxose a filmar. Inmediata, activa, Barcelona gústame porque é mui cidade… coñecín de pasada a Eva Forest no festival de San Sebastián e gustóume… de Dalí quedóme coas súas palabras, é un bárbaro, máis que coa súa pintura… No festival Internacional de Figueira da Foz foi premiado o seu documental «Mur Murs», feito en Los Angeles, soio porque…

Eu estaba en Los Angeles, si es-tivese noutra cidade faría outra cousa; si estivese eiquí, na Figueira, filmaría as portas porque son mui bonitas; filmo a presencia natural das cousas, situacións de vida, así de simple. En Los Angeles vin os muráis, neles estaba a cidade toda, as súas minorías étnicas, relixosas, os gran- xeiros, a violencia, neles e nesta película exprésase a cidade polos seus grupos, polos seus artistas, pola súa diferencia, expresa unha cidade exterior, a que se fixa ñas paredes, por iso logo penséi en facer unha segunda película de Los Angeles, é «Documenteur», a vila interior, a presión do exilio.

—En «Mur Mura» hai muitos aspectos parateatráis, ¿son parte da súa memoria?

—Quizáis, pero o parateatral xa está ñas pinturas muráis que son «postas en escena» con personaxes en primeiro plano, en segundo plano, con representacións mui estáticas, muráis que cando son anecdóticos non son os mesmos que cando son violentos ou reivindicativos.

—De fotógrafa Agnés Varda pasou para a imaxe móvil ¿é unha escollé?

—O paso xa foi no 54 anque seguín sendo fotógrafa até o 61 e coido que desde o 67 non tiréi mais fotografías. Pensó que eu son sobre todo cineasta incluso se amo muito a foto, mesmo se ten gran importancia na miña vida e se considero que a idea de foto é básico, vese, na manneira de filmar. Pero eu, anque non son unha cinefila, non vin do cine, son cineasta.

—Cineasta que, sobre todo, observa; en Mur Murs observa America.

—América é ao mesmo tempo permisiva, na rúa ése libre, ten minorías que se rexeitan e se aceptan coa condición de que cada ún este no seu gheto. Vése no film que case todos os muráis chicanos son no bairro chicano porque cada ún pode gridar no seu barrio, ahí é libre pero fo- ra… unha americana esté mixtura de per- misividade e restrición e Los Angeles é a cidade con máis muráis pero tamén os hai en Chicago, en New York. En Europa, por exemplo, hainos en Londres pero en Francia xa hai poucos porque hai toda unha cultura francesa de «respeto polas paredes», respeto aos monumentos, á tradición o naide se expresa na rúa. Cando virón en Francia esta película muitos decían «nos tamén podíamos facer isto pero ..» pero fai falta concordar coas leis, concordar co urbanista, co arquitecto do bairro, co da alcaldía, fan falta muitos acordos.

—Noutras ocasiona que estuvo en America ¿contactou coas feministas americanas?

—Contactei, especialmente nos anos 67- 69 porque eran mui avanzadas verbo de Francia e con elas aprendín. Despois tamén en Francia o feminismo moveuse e tamén despois, en Francia e en America,’ foi recuperado; América recuperou o movemento hippy, o movemento de mulleres, o feminismo. Houbo, hai, un recuo.

—Cal é o papel da muller na sua filmografía?

—No conxunto? Olle, eu non quero ser unha muller feminista que faga películas somente sobre as mulleres porque na so- ciedade hai cousas tan importantes como as mulleres, os muráis non son sobre as mulleres, mesmo Documenteur é unha reflexión sobre o exilio, é o escurecer dun- ha muller escrito por unha muller pero non é suxeto feminista. Hai algún film máis, si L’Une Chante, L’Autre pas que conta quince anos de feminismo en Francia, unha película local e histórica; ou Cléo que en certo senso éo na medida en que é un discurso sobre o que se chama «feminidade». De maneira xeral as miñas películas van por temas como Cuba, os mariñeiros, os Black Panters, pensó que senón estaría noutro ghetto.

—Pero hai ou non unha lectura das cousas, unha maneira de facer cine as mulleres?

—Claro, hai bón e mal cine pero coido que tamén hai unha visión, unha maneira de facer diferente. Por exemplo, a maneira de mostrar o nú, unha muller mostra o corpo nú, de home ou de muller, doutra maneira. Agora ben, a reflexión máis importante é saber o que se vai facer, porque o de ser home ou muller xa é natural ou cultural, quero decir que ao poñer a cuestión cultural xa se di (¡que é facer o cine como muller? Porque a cultura é tradicional e a creación femenina foi mui aba- fada. E se vemos o cine dos últimos tempos vemos tamén que hai certos cámbeos pero mui suaves e son ben escasos os papéis de muller que saian do tradicional da mamá ou da puta.

Agnés Varda vive agora en París, acaba de escribir un longometraxe, preocúpase roa fame que ten, sentadas na acera do Escondidinho da Figueira, onde facemos esta entrevista; non coñece aos cineastas españoles encontré! duas veces a Saura pero se! pouco del, non ten relucióos profesionais na Península agás en Portugal, e hai muito tempo estivo en Ca- daqués —polo Dalí— e despois xa non volveu. Despois do cambio de réxime tampouco tiven ocasión.

 

(Margarita Ledo Andión. LVG, xoves 20 de xaneiro de 1983)

 

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais