Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

eDCINEMA participa no Workshop Internacional de Protección e Promoción da Diversidade Audiovisual na Era Dixital

03/10/2013

A procura de vías de fomento da diversidade da industria audiovisual no contexto dixital en relación coa implementación da Convención sobre a protección e promoción da diversidade das expresións culturais é o obxectivo principal do Workshop Internacional “Protección e Promoción da Diversidade Audiovisual na Era Dixital” que se celebra os días 4 e 5 de outubro na Facultade de Humanidades, Comunicación e Documentación da Universidade Carlos III de Madrid.
O Grupo de Estudos Audivisuais asiste como convidado a este obradoiro organizado polos investigadores do proxecto de investigación “Diversidade Cultural: boas prácticas e indicadores”, que dirixe o investigador Luis A, Albornoz. Devandita participación enmárcase no cadro de actividades conxuntas que o grupo TECMERIN (Carlos III) e o Grupo de Estudos Audiovisuais (USC) programan como posta en común dos avances nos respectivos proxectos.

MÁIS NOVAS
Integrantes do proxecto EUVOS participan no Congreso “Cine e Crise no Mediterráneo”
Do 22 ao 26 de outubro na Universitat de Valéncia
19/09/2018

O equipo investigador do proxecto de I+D+i “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (AEI, ref. CSO2016-76014-R) participa cun panel no Congreso “Cinema e Crise no Mediterráneo” que se celebra na Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació da Universitat de València, do 22 ao 26 de outubro de 2018. O […]

Seguir lendo
Aberto o envío de comunicacións ao IX Encontro Anual da Associação de Investigadores da Imagem em Movimento
Até 15 de novembro de 2018
18/09/2018

A Associação de Investigadores da Imagem en Movimento (AIM) invita a enviar propostas de comunicación para o seu IX Encontro Anual, que terá lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 16 de maio de 2019, coa colaboración da Facultade de Xeografía e Historia da USC. Admítense propostas en portugués, galego, castelán ou inglés, que […]

Seguir lendo
Margarita Ledo participa na presentación da exposición itinerante GalizAmérica
A mostra amosa o espertar da conciencia galega en América a través da laboura dos intelectuais emigrados
12/09/2018

A Sala das Cunchas do Grove é o lugar escollido para dar apertura a esta mostra que homenaxea a cultura galega na diáspora. De setembro a decembro, a exposición promovida pola Deputación de Pontevedra e comisariada por Carmen Carreiro e Ramón Nicolás, percorrerá Gondomar, A Guarda, Redondela e Poio. GalizAmérica percorre a historia da colectividade galega no exlilio […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais