Baixo o título “Hexemonía ou resistencia, o papel ambiguo da comunicación” a presente edición do Congreso IAMCR aborda, do 12 ao 17 de xullo en Montreal, as diversas formas de concepción do termo ‘comunicación’ na sociedade contemporánea, en tanto valor vencellado a un ideal de transparencia social e de comunidade e en tanto ameaza en termos de dominación global. Neste contexto, e como continuación da labor de difusión dos avances do Proxecto de Investigación “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das pequenas cinematografías en versión original.” (MINECO, CSO2012-35784), varios membros da equipa da investigadora toman parte no evento. O luns 13 de xullo, Ana Isabel Rodríguez, María Soliña Barreiro e Miren Manias presentan a comunicación “Crever l’hégémonie à la distribution filmique: langues minorisées et la distribution numérique”. O xoves 16, Margarita Ledo, Antía López e Marta Pérez presentan “An Act of Resistance: The Cinema of Small and Stateless European Nations in ‘Minor’ Languages”.
A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]
Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]
A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]